Néstor Rego Candamil
Grupo Parlamentario Mixto · Spain
“Que la Comisión Mixta de Transferencias es el mecanismo habitual para concretar aquello que, con carácter general, se establece en la ley y, en segundo lugar, que queda clara la responsabilidad del Estado español y que la Xunta de Galicia no tendrá que asumir más que las consecuencias de sus propias decisiones una vez que sea titular de l…”
“Curiosamente, nesa altura, nese debate, o señor Pedro Puy interveu aquí na anterior ocasión en que debatemos sobre a transferencia da AP-9, era portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia e expresamente reclamou ao resto das forzas políticas eliminar todas as esixencias económicas para evitar darlle un -- 70 of 158 -- PLENO Y DIP…”
“Pero en el caso de Galicia es resultado de una infrafinanciación crónica, de un sistema de financiación que es profundamente injusto con nuestro país y también, -- 126 of 158 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 23 de julio de 2026 por qué no decirlo, por la mala gestión del PP.”
“Una reivindicación que en 2014 se registró en forma de proposición de ley, en diciembre de ese año en el Parlamento de Galicia, que terminó siendo debatida y aprobada en la primavera de 2016.”
“Porque vostede entenderá que se o goberno foi capaz de sacar nun único consello de ministros dunha modificación de crédito de10 400 millóns de euros para gasto militar, non nos vai convencer de que non pode sacar 1000 ou 1500 millóns de euros para darlle un impulso á modernización das infraestruturas ferroviarias, tal e como teñen comprom…”
“Hoxe é a proba do algodón. Se o Partido Popular está a favor desa transferencia poden votar a favor, mais xa sabemos que non o van facer porque xa votaron dúas veces en contra, buscando pretextos falsos, valéndose da mentira e da manipulación para xustificar máis unha traizón a Galiza, como despois farán, por certo, coa débeda, coa quita…”
The complete record
Every one of 3,309 lines we hold for Néstor Rego Candamil, in date order, each linked to its source. Free to read, in full, without an account. Page 20 of 67.
“En ambos os dous localizaríanse en grande parte en augas próximas a Portugal, a Galiza e o Estado español e terían consecuencias directas moi graves sobre a frota artesanal e de litoral, ademais de consumar a práctica desaparición do palangre ou, o que é o mesmo, a desaparición dunha arte de pesca selectiva, sustentábel e xeradora de emprego nas zonas costeiras galegas. Por tanto, nós entendemos que é necesario esixir á Comisión Europea que calquera revisión das zonas vedadas se tomen en consideración informes científicos, actualizados e informes tamén sobre a sustentabilidade social e económica, que é fundamental.”
“E mentres seguen sen existir informes que avalen o impacto do palangre nos ecosistemas, tal como recoñecía o Comité Científico Técnico e Económico de Pesca, asesor da Comisión Europea e o Consello Consultivo para as Augas Occidentais Austrais en senllos informes deste ano, a directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea abriu a posibilidade de ampliación desta zonas, de zonas vedadas, a 104 ou mesmo a 115. Estas ampliacións, segundo o Consello, segundo o ICES afectaría a máis de 9700 quilómetros cadrados no primeiro caso e máis de 14 300 no segundo.”
“A posterior sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, tan polémica e tan inexplicábel como a propia decisión da Comisión Europea, condena todas as artes de fondo por igual sen ter en conta os efectos de cada unha delas nos ecosistemas mariños vulnerábeis, establecendo unha especie de tábula rasa que pon ao mesmo nivel o arrastre de fondo e o palangre, por exemplo, aínda recoñecendo que o impacto de artes fixas sobre os ecosistemas é potencialmente menor.”
“A decisión de prohibir as artes de fondo en 87 caladoiros do Atlántico norambiental tomada pola Comisión Europea en setembro do 2022 que afecta polo de agora a 17 000 quilómetros cadrados por baixo dos 400 metros en augas de Portugal, do Estado español, Francia e Irlanda foi unha decisión que non contou co apoio unánime do Consello nin coa -- 37 of 143 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 8 de octubre de 2025 aprobación do Parlamento Europeo, que foi adoptada tendo como referencia informes científicos e técnicos con datos obsoletos, sen ningún tipo de diálogo, nin co sector nin cos estados afectados e sen avaliación socioeconómica sobre o seu impacto.”
“É necesario tamén, dicía antes, instar á Unión Europea a iniciar un procedemento que leve a unha profunda reforma da política pesqueira común, que evite que continúe as dificultades que poden levar á desaparición da frota galega, que leve tamén a revisar o principio de estabilidade relativa que non atende á capacidade real da frota dos diferentes estados e que inclúa a declaración da Galiza como zona altamente dependente da pesca. Outro elemento que engade dificultade e preocupación ao noso sector pesqueiro foi a declaración de 87 áreas vedadas para artes de fondo, incluído o palangre, que sempre está ademais o risco, esa especie de espada de Damocles, de que poidan ser ampliadas.”
“Son prácticas ao noso xuízo, ilóxicas ás que hai que poñer fin e por tanto, entendemos que, ademais de revisar os criterios de reparto nas negociacións das posibilidades de pesca, é preciso facer valer na Unión Europea os estudos científicos e socioeconómicos dos que dispoñan que poidan contribuír a determinar a situación real do stock para un establecemento acorde dos TAC en cada caso e que permita a planificación do sector e a súa viabilidade a máis longo prazo.”
“É o caso, por poñer un exemplo, da sardiña, que afecta á nosa frota de cerco, á frota artesanal e que para alén de que a cota xeral non se corresponde co estado actual da biomasa e tamén para alén do inexplicábel reparto de cota entre o Estado español e Portugal, 66 %, 33 %, cando o Estado veciño ten moitos menos barcos que só a Galiza, está o feito de que para a frota galega sempre é insuficiente a cota da sardiña en canto, por exemplo, no golfo de Cádiz nunca a utilizan, nunca utilizan toda a cota e negocian con ela.”
“E, como digo, afectan a viabilidade da frota pesqueira galega, nomeadamente a de baixura. Por tanto, tamén instar á Unión Europea a tomar medidas para impedir a entrada no mercado Europeo de especies, como é o caso da xarda, procedentes dos países que se asignan cota desa especie de maneira unilateral e é preciso levar a cabo unha xestión interna tamén das cotas que correspondan en cada caso e que permita a distorsión que se dá na actualidade entre distintas zonas do Estado, que non resolveu a Lei de Pesca sustentábel, para que non sexa causa de especulación das cotas posibilidades de pesca e de discriminación que se ven producindo até agora.”
“Nós sabemos que ten que haber limitacións, que ten que haber un equilibrio entre un sector produtivo fundamental e as limitacións ecolóxicas que pode ter o sector, mais temos claro que hoxe o que hai é un desequilibrio que se basea ademais, moitas veces, en informes científicos non actualizados, que se mantén de maneira moi ríxida, que ao noso xuízo debería ser modificado. Para acabar con ese problema cremos que o Ministerio debe facer valer o contido da sentenza do 11 de xaneiro do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que recoñece a importancia de atender as cuestións sociais e económicas e non só as ambientais á hora de fixar as cotas nas distintas especies e así impedir a paralización da frota e por tanto, vetar calquera redución de cotas que non vaian na liña desa sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.”
“Polo tanto, señor ministro, é evidente que hai que escoller. Hai que escoller entre pesca e alimentos de calidade e armas. E a pregunta é clara, que vai facer o seu goberno, que vai escoller o seu goberno, que vai defender o seu goberno? Porque o BNG teno claro, nesa dicotomía hai que escoller sempre aquilo que é fundamental para o desenvolvemento social e económico dun país como o noso e que é fundamental ademais tamén para garantir unha alimentación de calidade. Por tanto, estamos incondicionalmente ao lado do sector pesqueiro galego, un sector que se enfronta sistematicamente ás limitacións establecidas para a pesca.”
“En primeiro lugar, vin un titular en que vostede dicía, ou prometía, que vai seguir pelexando para que a Unión Europea dote de fondos suficientes o sector pesqueiro no marco 2028-2034. Claro, fartáronse vostedes, o seu goberno, de dicir que o incremento exponencial do gasto militar non afectaría as políticas sociais, non afectaría a outras políticas, mais xa sabemos que iso non é posíbel, os recursos son limitados e a Unión Europea que impulsa ese programa Rearme Europa, pois xa deu o primeiro paso facéndoo con que eses diñeiros que van ir para gasto militar fosen retirados de sectores produtivos fundamentais, vinculados ademais, como dicía, a soberanía alimentar, particularmente na PAC e fondos de cohesión, 20 %, e especialmente para a pesca, 67 %, pasando de algo máis de 6000 a 2000 millóns de euros.”
“Son moitos os problemas cos que se enfronta o sector pesqueiro e o noso obxectivo é que se poidan impulsar políticas -- 36 of 143 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 8 de octubre de 2025 públicas que favorezan o dinamismo dun sector económico que é chave, que é fundamental no desenvolvemento económico da Galiza, especialmente de toda a costa, non só polos empregos directos que crea, mais tamén por todos os empregos indirectos, especialmente no sector conserveiro e noutros e ao mesmo tempo, porque garante unha alimentación de calidade, que é fundamental para o noso presente e para o noso futuro. Como dicía, son moitos os problemas, vou tentar sistematizalos indo un por un.”
“Obrigado, señora presidenta. Señor ministro, onte vostede estivo en Vigo, en Conxemar, na feira un ano máis exitosa e con moita potencialidade, especialmente porque Galiza é unha potencia pesqueira, a pesar de todo, de todas as dificultades coa que se enfronta o sector pesqueiro galego. Mais como dicía, a Galiza é unha nación pesqueira que debería ser tamén considerada zona altamente dependente da pesca.”
“Queremos que se creen también los juzgados de violencia de género de Lugo y Pontevedra y una mayor financiación aun de las políticas sociales, especialmente la ley de dependencia. Es verdad que se cumplió el mayor incremento de las pensiones mínimas y no contributivas. Queremos reforzar el autogobierno con la transferencia de todas las competencias pendientes, no solo la ley del litoral, y la normalización del gallego en el ámbito de la Administración del Estado, desde la Administración de Justicia hasta medios de comunicación públicos estatales.”
“Queremos que a tramitación da lei para a transferencia da AP-9 á Administración galega non siga demorándose de maneira inxustificada e poida concluírse canto antes. Porque o BNG está aquí para defender os intereses dos galegos e galegas, e por iso reclamamos que o seu goberno continúe cumprindo que cumpra todo o acordado, é ademais o mellor antídoto contra o Partido Popular. Moito obrigado. Señor presidente, nos alegramos de que se comprometa a continuar cumpliendo lo acordado, pero entenderá que, más allá de las palabras, queremos ver hechos; por ejemplo, ver en funcionamiento el -- 12 of 143 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 8 de octubre de 2025 servicio de cercanías cuanto antes y avanzar en la modernización de la red ferroviaria interior de nuestro país.”
“Señor presidente. Alegrámonos de que se comprometa a continuar cumprindo, a cumprir o acordado, mais entenderá que para alén das palabras queremos ver feitos. Queremos, por exemplo, ver en funcionamento o servizo de cercanías canto antes e avanzar na modernización da rede ferroviaria interior do noso país. Queremos que sexan creados tamén os xulgados de violencia de xénero de Lugo e Pontevedra. E un maior financiamento aínda das políticas sociais, especialmente da Lei de Dependencia. É verdade que se cumpriu no maior incremento das pensións mínimas e non contributivas. Queremos reforzar o autogoberno coa transferencia de todas as competencias pendentes, non só da Lei de litoral, e a normalización do galego no ámbito da Administración do Estado, desde a Administración de Xustiza até os medios de comunicación públicos estatais.”
“Otras, en -- 11 of 143 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 8 de octubre de 2025 ejecución, el caso de la quita de la deuda o el estudio para implantación del tren de proximidad en las áreas urbanas gallegas. Pero muchas otras parece que no avanzan, ¿no? Y la legislatura sí lo va haciendo, ¿no? Porque, de hecho, ya hemos pasado el ecuador. Con presupuestos del Estado o sin ellos, tienen que cumplir. Cuando tienen interés, realizan modificaciones presupuestarias exprés, como para el incremento de 1400 millones de euros en gasto militar. Por eso, le pregunto, señor presidente, ¿qué está haciendo su Gobierno para, en el tiempo que queda de legislatura, cumplir la totalidad de lo acordado? Gracias.”
“Señor presidente, su Gobierno se comprometió con Galicia, particularmente a través del acuerdo de investidura firmado con el BNG, a implementar medidas que tienen por objetivo atender a las necesidades de los gallegos y gallegas, pero también a compensar el déficit histórico en inversiones, equipamientos, infraestructuras y servicios que ha padecido históricamente nuestro país. El balance de ejecución de ese acuerdo es irregular. Algunas medidas están implementadas, como la bonificación en la AP-53, la creación de juzgados de violencia de género en Compostela y Orense o la mayor inversión y financiación de la nueva estación depuradora del Consorcio de Santiago.”
“Mais moitas outras parecen non avanzar e quero lembrarlle que a lexislatura si o fai, de feito, xa pasamos o ecuador, por tanto, con orzamentos do Estado e sen eles deben cumprir. Cando teñen interese realiza modificacións orzamentarias exprés como para o incremento de 1400 millóns de euros en gasto militar. Por iso lle pregunto, señor presidente, que está a facer o seu goberno para, no tempo que resta de lexislatura, cumprir a totalidade do acordado? Moito obrigado. Gracias, señora presidenta.”
“Grazas, señora presidenta. Señor presidente, o seu goberno comprometeuse coa Galiza, particularmente a través do acordo de investidura asinado co BNG, a implementar medidas que teñen por obxectivo atender as necesidades dos galegos e galegas, mais tamén a compensar o déficit histórico en investimentos, en equipamentos, infraestruturas e servizos que padeceu historicamente o noso país. O balance de execución dese acordo é irregular. Algunhas medidas están implementadas, como a bonificación da AP-9, AP-53, a creación dos xulgados de violencia de xénero en Compostela e Ourense ou o maior investimento, maior financiamento da nova estación depuradora do Consorcio de Santiago. Outras en execución, é o caso da quita da débeda ou do estudo para a implantación do tren de proximidade nas áreas urbanas galegas.”
“Pero ahí está un pueblo palestino que resiste y está la humanidad toda reclamando el fin del genocidio, y la paz y la libertad para Palestina y que los criminales sean juzgados. El real decreto es insuficiente desde nuestro punto de vista. Llega tarde, pero es necesario. Nosotros hemos hecho propuestas para mejorarlo. No han sido atendidas, pero esperamos que todavía lo sean. Esperamos que se pueda modificar como proyecto de ley para que realmente garantice que el embargo de armas es total y el embargo comercial también. Que se camine, así, de cara a la ruptura de relaciones con Israel, porque la única forma de detener al Estado sionista es el aislamiento internacional. Muchas gracias.”
“El pueblo palestino lleva ya décadas, siglos de ocupación otomana, inglesa e israelita. En todo caso, por dar una fecha que puede ser 1917, la Declaración Balfour habla de crear un hogar nacional judío en Palestina. O 1947, el inicio de la Nakba, el desastre, la limpieza étnica que expulsó de sus casas a más de la mitad de la población palestina. O 1948, la partición. Y a partir de ahí, la permanente y progresiva ocupación del territorio de Palestina. Lo poco que queda lo quiere ocupar Israel y para eso no duda en cometer un genocidio. Lo poco que queda son islas poblacionales inconexas en Cisjordania y Gaza, que definíamos como la mayor cárcel a cielo abierto del mundo y que hoy podemos decir que es el mayor campo de exterminio a cielo abierto del mundo.”
“Non foron atendidas e esperamos que o sexan aínda, que poida modificarse como proxecto de lei para que realmente garanta que o embargo de armas é total e o embargo comercial tamén e así que se camiñe na ruptura de relacións con Israel porque a única forma de deter o estado sionista é o illamento internacional. Moito obrigado. Gracias, señor presidente. Antes de entrar en el real decreto, me gustaría hacer dos cosas. Una, expresar mi alegría porque los activistas que han participado en la flotilla, sobre todo nuestros dos compatriotas, Manu López y Sandra Garrido, estén de vuelta sanos y salvos a pesar de la actuación del Gobierno de Israel. En segundo lugar, dado que hoy es 7 de octubre y que parece que para algunos aquí empezó todo, recordar que por desgracia no es así.”
“O pouco que queda, que son illas poboacionais inconexas na Cisxordania e Gaza, que definiamos como o maior cárcere a ceo aberto do mundo e hoxe podemos dicir que é o maior campo de exterminio a ceo aberto do mundo, pero está aí un pobo palestino que resiste, está a humanidade toda a reclamar a fin do xenocidio, a reclamar paz e liberdade para Palestina e que os criminosos sexan xulgados. O Real Decreto é insuficiente do noso punto de vista, chega tarde, mais é necesario. Nós fixemos propostas en Galiza, fixemos propostas para melloralo.”
“O pobo palestino leva padecido décadas e séculos de ocupación otomana, inglesa e israelita, en todo caso por dar unha data pode ser 1917: Declaración Balfour, que fala de crear un lar nacional xudeu na Palestina; 1947: o inicio da Naqba, o desastre, a limpeza étnica que -- 42 of 86 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 7 de octubre de 2025 expulsou das súas casas máis de metade da poboación palestina; 1948: a partición e a partir de aí a permanente e progresiva ocupación do territorio da Palestina. O pouco que queda quéreo ocupar Israel e para iso non dubida en cometer un xenocidio.”
“Grazas, señor presidente. Antes de entrar no Real Decreto, gustaríame facer dúas cousas. Unha, expresar a alegría porque os activistas que participaron na flotilla, particularmente os nosos dous compatriotas Manuel López e Sandra Garrido, estean de volta sans e salvos a pesar da actuación do goberno de Israel. En segundo lugar, dado que hoxe é 7 de outubro e que parece que para algúns que aquí comezou todo, lembrar que infelizmente non é así.”
“El Ayuntamiento de Santiago de Compostela, por ejemplo, fue el primero en aprobar una ordenanza que regula las viviendas de uso turístico y lo hace no solo en solitario, sino con la animadversión de un Partido Popular que es forofo absoluto del mercado cuando le interesa, cuando eso permite que sus amigos, los fondos buitre, los grandes tenedores inmobiliarios puedan hacer negocio a cuenta de la especulación, sacrificando, eso sí, las vidas y los sueños de miles de personas. Nosotros estamos aquí para otra cosa y, por lo tanto, agradecemos la iniciativa de Euskal Herria Bildu y, lógicamente, votaremos a favor de la toma en consideración. Muchas gracias.”
“Una falta de control de la que son responsables las principales Administraciones públicas, también la del Estado, y, lógicamente, la de las comunidades autónomas, que tienen la competencia. Un Gobierno del Estado, por ejemplo, que se niega a topar los precios de los alquileres y a adoptar medidas también más contundentes en relación con los alquileres de temporada, alquileres turísticos, alquileres por habitación, etcétera. Hay que recordar que, junto con otras fuerzas políticas, nosotros ya hemos traído varias propuestas a este respecto, y está ahí la posición de un partido como el Popular, que por lo menos en Galicia lo que hace es ir en contra de aquellos ayuntamientos que intentan poner soluciones.”
“Pero solo hay que hablar con cualquier chico o chica para darse cuenta de la dimensión que este problema alcanza, con un crecimiento exponencial de los precios de la vivienda en compra y venta, pero también con alquileres absolutamente imposibles y con precios totalmente disparados que impiden, por ejemplo, que una persona joven se pueda emancipar y que pueda iniciar un proyecto de vida independiente. En este crecimiento disparado de los precios juegan y han jugado un papel indiscutible los alquileres turísticos, alquileres turísticos que han proliferado aprovechando una regulación laxa e insuficiente, a veces la falta de regulación, que han proliferado, como digo, sin control, desde estar en un limbo hasta la irregularidad o directamente, como decía el proponente, la ilegalidad.”
“Nós estamos aquí para outra cousa, por tanto, agradecemos a iniciativa de Euskalerria Bildu e loxicamente votaremos a favor da toma en consideración. Moito obrigado. Gracias, señora presidenta. Buenas tardes. La verdad es que últimamente son numerosos aquí las propuestas y debates en relación con el problema de la vivienda, por lo menos por parte de aquellas fuerzas políticas que tenemos un interés real en resolver los problemas sociales. Otros prefieren hablar de otras cosas. Bien, es normal porque hoy hay -- 24 of 86 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 7 de octubre de 2025 una crisis habitacional que lleva a que la vivienda sea no solo percibida, vista, vivida, sufrida como principal problema de la sociedad. En Galiza todos los sondeos de opinión realizados en los últimos meses sitúan a la vivienda como primer problema.”
“Hai que lembrar que nós trouxemos conxuntamente con outras forzas políticas aquí unha proposta no seu sentido ou dun partido, nese sentido, dun Partido Popular que polo menos desa Galiza, o único que fai é xogar contra aqueles concellos que tentan poñer solucións. O concello de Santiago de Compostela, por exemplo, foi o primeiro da Galiza que aprobou unha ordenanza que regula as vivendas de uso turístico, pero faino non só case en solitario, senón coa animadversión dun partido Popular que é forofo absoluto do mercado cando lle interesa e cando iso permite que os seus amigos, os fondos voitre, os grandes tenedores inmobiliarios, poidan facer negocio á conta da especulación, sacrificando, iso si, as vidas e os soños de millares de persoas.”
“Neste crecemento disparado dos prezos xoga un papel indiscutíbel, xogaron un papel indiscutíbel, os alugueres turísticos que proliferaron aproveitando unha regulación laxa ou insuficiente, a falta de regulación en moitos casos, que proliferaron sen control desde estar nun limbo até a irregularidade ou directamente, como dicía o propoñente, a ilegalidade. Unha falta de control da que son responsábeis as principais administracións públicas e do Estado, e tamén loxicamente das comunidades autónomas, que teñen a competencia. O goberno do Estado que se nega, por exemplo, a topar os prezos dos alugueres, adoptar tamén medidas máis contundentes en relación cos alugueres de temporada, cos alugueres turísticos, cos alugueres por cuartos.”
“todos os inquéritos, todas as sondaxes de opinión realizadas nos últimos tempos sitúan a vivenda como o primeiro problema, pero só hai que falar con calquera rapaz, con calquera rapaza, para decatarse da dimensión que alcanza este problema, con un crecemento exponencial dos prezos da vivenda en compravenda, pero tamén con alugueres absolutamente imposíbeis, con prezos totalmente disparados que impiden, por exemplo, que un mozo, unha moza poida emanciparse, poida iniciar un proxecto de vida independente.”
“Grazas, señora presidenta. Moi boa tarde. A verdade é que ultimamente son numerosas aquí as propostas e os debates en relación co problema da vivenda. Claro, polo menos por parte daquelas forzas políticas que temos un interese real en resolver os problemas sociais, non das que veñen a falar doutras cousas. É normal porque hoxe hai unha crise habitacional que leva a que a vivenda sexa non só percibida, vista, vivida, sufrida como o principal problema da sociedade na Galiza.”
“No fue aprobada, he de decirlo, lamentablemente, por el voto en contra del PP, de VOX, del PSOE, de Unidas Podemos y del PDeCAT. Una pena. En todo caso, este es un paso positivo, que esperamos que no se quede aquí, para acabar con esta práctica de tortura y símbolo de españolidad. Muchas gracias.”
“Siempre hay alguna excepción, entre ellos los señores Feijóo y Rueda, que el 10 de agosto, cuando ya ardía toda Galicia, estaban en los toros, en Pontevedra, en la única plaza que hay en nuestro país, siempre vacía ―hay un evento al año y siempre está vacía―, y evidentemente, estaban viendo cómo un toro cogía a Morante de -- 9 of 86 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 7 de octubre de 2025 la Puebla. Pues me parece muy bien. Pero no es ni el sentir del pueblo gallego ni es el sentir del BNG. Por eso nosotros vamos a votar una iniciativa que nos parece positiva. Creemos que habría que ir más allá. Es una pena que, cuando se debatió en 2023 la ley de bienestar animal, no se aprobase nuestra enmienda, que directamente prohibía las corridas de toros.”
“Castelao puso su arte al servicio del pueblo gallego, y no pudo reflejar mejor, por una parte, la denuncia de la tortura y el maltrato animal, pero también, por otra parte, la distancia sideral que hay entre la cultura gallega, que estima a los animales, los quiere, y la cultura española, que convirtió las corridas en su fiesta nacional, en patrimonio cultural, en símbolo de la españolidad. Estamos, evidentemente, en polos opuestos. Y creo que esta afirmación de Castelao la comparten el 99,9 % de los gallegos.”
“Non foi aprobada, teño que dicilo, infelizmente polo voto en contra do PP, de Vox e do PSOE, de Unidas Podemos e do PDeCAT. Unha mágoa. En todo caso, este é un paso positivo que esperemos que non fique aquí para acabar con esta práctica de tortura e símbolo de españolidade. Moito obrigado. Gracias, señora presidenta. Muy buenas tardes. Hace más de cien años, Castelao, que, además de dirigente nacionalista y presidente del Consejo de Galicia en el Gobierno gallego en el exilio, fue un grandísimo escritor y un grandísimo artista, publicó una serie de imágenes recogidas en el álbum Nós, y está esta lámina de un labrador gallego que mira el anuncio de una corrida y expresa «qué lástima de toros». (Muestra una lámina con un dibujo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao).”
“Estamos evidentemente en polos opostos e creo que esta afirmación de Castelao a partillan en 99,9 % dos galegos. Sempre hai algunha excepción, entre eles o señor Feijóo e Rueda, que o día 10 de agosto, cando xa ardía toda Galiza, estaban nos touros en Pontevedra, na única praza que hai no noso país, sempre baleira, un evento ao ano e sempre baleira. Evidentemente estaban vendo como un touro collía a Morante de la Puebla. Pois parécenos moi ben, pero non é nin o sentir do pobo galego nin o sentir do BNG. Por iso nós imos votar nunha iniciativa que nos parece positiva. Cremos que había que ir máis alá e é mágoa que cando se debateu en 2023 a Lei de benestar animal non fose aprobada a nosa emenda que directamente prohibía as corridas de touros.”
“Grazas, señora presidenta. Moi boa tarde. Hai xa máis de 100 anos Castelao que, para alén de dirixente nacionalista e presidente do Consello de Galiza, do Goberno galego no exilio, foi un grandísimo escritor e un grandísimo artista publicou unha serie de deseños recollidos no álbum Nós, entre eles está esta lámina dun labrego galego ollando o anuncio dunha tourada e expresa: «que lástima de bois!». Castelao, que puxo a súa arte ao servizo do pobo galego, non puido reflectir mellor por unha parte, a denuncia da tortura e do maltrato animal, mais tamén por outra, a distancia sideral que hai entre a cultura galega que estima os animais e a cultura española que converteu as touradas na súa festa nacional en patrimonio cultural e en símbolo da españolidade.”
“En todo caso, ya que usted misma hablaba de cómo la xenofobia, el racismo, implica también la pérdida de recursos económicos, pérdida de riqueza, aprovechamos para recordarle que deben agilizar la regularización ya, porque no se trata solo de una cuestión de derechos humanos. Además de favorecer el acabar con la subexplotación laboral, también implica, lógicamente, más recursos para el Estado que podrían destinar perfectamente a las políticas de integración. Muchísimas gracias.”
“Efectivamente, en Galicia acabamos de tener uno de esos casos a partir de las políticas y de las declaraciones del Partido Popular con la colaboración necesaria siempre de la ultraderecha, como es el atentado contra el centro que iba a acoger o que va a acoger a menores inmigrantes en Monforte de Lemos. No nos cabe duda de quiénes son los autores intelectuales. Por si hubiese alguna, ayer la ultraderecha se paseó por Monforte para protestar aún más por ese centro de inmigrantes, pero ya el domingo y ayer mismo se encontró enfrente con la firmeza y la solidaridad del pueblo gallego, que se manifestó para rechazar esos discursos de odio y esas políticas xenófobas.”
“No es Galicia precisamente el territorio que tiene más presión, en absoluto, pero tenemos algunos ejemplos de cómo concentrar la acogida en pocos centros errantes puede dificultar precisamente esta labor de seguimiento, esta labor de integración en todos los ámbitos, no solo en el ámbito profesional, fundamental, sino también en el ámbito social, cultural, lingüístico, para favorecer esas políticas y para combatir al mismo tiempo el discurso de odio, discursos que tan fáciles son, que prenden rápidamente la mecha, pero que después son muy difíciles de apagar.”
“En todo caso, una vez que los inmigrantes llegan al territorio español, hay que preocuparse, evidentemente, por la acogida, una acogida correcta que respete, en primer lugar, los derechos humanos y, en segundo lugar, que facilite la integración. Y para eso necesitamos políticas integrales y más medios, medios humanos y medios económicos, y justamente es lo que le está faltando al Gobierno español para poder desarrollar también políticas y gestión de proximidad.”
“Señora ministra, quiero empezar por las causas, porque ustedes también tienen una responsabilidad en estas causas, las causas que están detrás de las aplicaciones masivas, causas siempre forzadas, porque, cuando hablamos de causas de inmigración masiva, nadie se va de su país porque quiere, sino por necesidad. Estamos hablando del subdesarrollo, dificultades en las distribuciones internacionales, condiciones de trabajo injustas, neocolonialismo, guerras, alteraciones climáticas, de todos esos elementos que especialmente los países europeos, responsables en muchos casos de esas políticas, y también el Estado español tienen que intentar corregir.”
“En todo caso, queremos aproveitar tamén para reclamarlle, dado que vostede hoxe mesmo falaba de como a xenofobia e o racismo implica tamén perda de recursos económicos, perda de riqueza, aproveitamos -- 77 of 108 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 24 de septiembre de 2025 para lembrarlle que deben axilizar a regularización xa, porque ademais de ser unha cuestión de dereitos humanos, ademáis de favorecer acabar coa sobreexplotación laboral, tamén implica, loxicamente, máis recursos para o Estado que podería perfectamente destinar ás políticas de integración. Moitísimo obrigado. Gracias, señora presidenta.”
“Non nos cabe dúbida de quen é ou quen son os autores intelectuais. Por si houbese alguna, onte a ultradereita paseouse por Monforte para protestar aínda encima por ese centro de inmigrantes pero enfrente encontrou, xa o domingo e onte mesmo, a firmeza e a solidariedade do pobo galego que se manifestou para rexeitar eses discursos de odio e esas políticas xenófobas.”
“Non é Galiza precisamente o territorio que teña máis presión en absoluto, mais temos algúns exemplos de como, por exemplo, concentrar a acollida en poucos centros e grandes pode dificultar precisamente ese labor de seguimento, ese labor de integración en todos os ámbitos, non só no ámbito laboral, que é fundamental, tamén no ámbito social, no ámbito cultural, no ámbito linguístico, para favorecer esas políticas e para combater ademais, ao mesmo tempo, o discurso de odio que tan fáciles son, que prenden rapidamente a mecha, pero que despois son moi difíciles de apagar. E efectivamente na Galiza acabamos de ter un deses casos a partir das políticas e declaracións do Partido Popular, coa colaboración necesaria sempre da ultra dereita, como é o atentado contra o centro que ía acoller, que vai acoller, menores inmigrantes en Monforte de Lemos.”
“En todo caso, unha vez que os migrantes chegan ao territorio español evidentemente o que hai que preocupar é da acollida, dunha acollida correcta que respecte en primeiro lugar os dereitos humanos e, en segundo lugar, que facilite a integración. E para iso precísanse políticas integrais e precísanse máis medios, medios humanos e medios económicos. E achamos que iso é precisamente o que lle está faltando ao goberno espanyol. Para poder desenvolver tamén políticas e xestión de proximidade.”
“Grazas, señora presidenta, señora ministra. Comezo, polo que case ninguén comeza cando se fala de inmigración e é polas causas porque o Estado español tamén ten unha responsabilidade niso, as causas que están detrás das migracións masivas que son sempre forzadas, porque cando falamos de inmigración masivas ninguén marcha do seu país porque quere se non marcha por necesidade. Estamos falando do subdesenvolvemento, da dificultade dunha distribución internacional do traballo inxusta, estamos falando de neocolonialismo, de guerras, de alteracións climáticas, de todos eses elementos que, especialmente os países europeos, responsábeis en moitos casos desas políticas, deben tentar corrixir, tamén o Estado español.”