← LEADERSHIP TERMINAL

CONGRESO DE LOS DIPUTADOS · SITTING

Néstor Rego Candamil

Grupo Parlamentario Mixto · Spain

IN THEIR OWN WORDS

Que la Comisión Mixta de Transferencias es el mecanismo habitual para concretar aquello que, con carácter general, se establece en la ley y, en segundo lugar, que queda clara la responsabilidad del Estado español y que la Xunta de Galicia no tendrá que asumir más que las consecuencias de sus propias decisiones una vez que sea titular de l…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Curiosamente, nesa altura, nese debate, o señor Pedro Puy interveu aquí na anterior ocasión en que debatemos sobre a transferencia da AP-9, era portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia e expresamente reclamou ao resto das forzas políticas eliminar todas as esixencias económicas para evitar darlle un -- 70 of 158 -- PLENO Y DIP…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Pero en el caso de Galicia es resultado de una infrafinanciación crónica, de un sistema de financiación que es profundamente injusto con nuestro país y también, -- 126 of 158 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 23 de julio de 2026 por qué no decirlo, por la mala gestión del PP.

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Una reivindicación que en 2014 se registró en forma de proposición de ley, en diciembre de ese año en el Parlamento de Galicia, que terminó siendo debatida y aprobada en la primavera de 2016.

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Porque vostede entenderá que se o goberno foi capaz de sacar nun único consello de ministros dunha modificación de crédito de10 400 millóns de euros para gasto militar, non nos vai convencer de que non pode sacar 1000 ou 1500 millóns de euros para darlle un impulso á modernización das infraestruturas ferroviarias, tal e como teñen comprom…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Hoxe é a proba do algodón. Se o Partido Popular está a favor desa transferencia poden votar a favor, mais xa sabemos que non o van facer porque xa votaron dúas veces en contra, buscando pretextos falsos, valéndose da mentira e da manipulación para xustificar máis unha traizón a Galiza, como despois farán, por certo, coa débeda, coa quita…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

The complete record

Every one of 3,309 lines we hold for Néstor Rego Candamil, in date order, each linked to its source. Free to read, in full, without an account. Page 33 of 67.

  1. Aliás, os Estados Unidos continúan a -- 35 of 116 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 12 de marzo de 2025 facer caixa coa Ucraína, pois para alén de que alimentar o complexo militar industrial americano xa o garante a Unión Europea con esa decisión absurda de dotar 800 000 millóns de fondos para a guerra, agora o grande negocio será a reconstrución e a pillaxe dos recursos naturais ucraínos, materiais críticos e terras raras que Donald Trump reclama sen ningún pudor de maneira descarada. Nova cara para vellos obxectivos, cunha diferenza, a de substituír a certas sutilezas, se se pode chamar así a política, pola arrogancia en vez do histórico e manido argumento de defender a democracia co que os Estados Unidos tentaban ocultar os obxectivos xeoestratéxicos e de rapina, Trump anuncia as verdadeiras intencións.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  2. Hoxe, no canto de apostar decididamente pola paz empéñase en manter a guerra e mesmo en escalar o conflito, ameazando, como fixeron algúns estados como o Reino Unido ou Francia, coa participación directa de tropas na Ucraína nunha actitude absolutamente irresponsábel e suicida. E non estamos a pensar que Trump sexa o adaíl da paz. Non, evidentemente non, Trump é apenas a nova cara do vello imperialismo e as mudanzas na relación coa Unión Europea e Rusia teñen por obxectivo centrar os esforzos no Indo-Pacífico e na China.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  3. Os Estados Unidos xurdiron e impulsaron o golpe de estado de 2014 en Ucraína, que deu como resultado un réxime no que todos os partidos democráticos, de esquerda e de centro mesmo, están ilegalizados, mentres só a dereita, a ultradereita e os nazis campan ás súas anchas. Si, señor ministro, non só o Partido Comunista, o Partido das Rexións. Os diferentes partidos socialistas e socialdemócratas son ilegais no réxime do Maidán ucraíno. A administración Biden alentou a escalada belicista e arrastrou a unha Unión Europea non só submisa, senón servil, que acabou por tomar decisións que, como dicía, prexudicaron gravemente a economía dos seus estados e a calidade de vida dos seus propios pobos.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  4. Por non ir moi atrás, o ¿ironicamente digo porque non deixa de ser chocante¿ o Premio Nobel da Paz, Barack Obama, mantívoo contra o seu propio compromiso a guerra en Afganistán, destruíu o Estado que era, naquela altura, o estado máis próspero de África, Libia, até o converter nun estado fallido no que volve a practicarse a escravitude e iniciou a intervención militar e a guerra en Siria, que acaba de dar como resultado que os xihadistas, da mesma corrente que os autores do 11M, os xihadistas corta cabezas tomasen o poder nese país e continúen a realizar masacres como as que vimos estes días.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  5. Mais existe unha diferenza que acho que é significativa, mentres coa administración de Biden o obxectivo anunciado era 2 % do Produto Interior Bruto, Trump chegou a esixir que se aumente até 5 % e a mesma Unión Europea, por boca de Von der Layen, está a falar de cantidades superiores a 3 %. En todo caso, dotando un fondo de guerra de 800 000 millóns de euros. Sorprende tamén que algúns parezan descubrir agora o imperialismo norteamericano como se comezase no 20 de xaneiro coa toma de posesión de Trump. Infelizmente é xa secular, é dicir, ten xa bastante máis dun século, son moitas décadas de relacións económicas, desiguais, de rapina de materias primas, de fomento de golpe de estado e de ditaduras ou de intervencións militares que deixaron morte e destrución por toda parte, sempre ao servizo dos intereses do grande capital estadounidense.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  6. O que si sorprende é que esa mesma Unión Europea que seguiu cegamente as directrices belicistas dos Estados Unidos cando se ve con dificultade para reposicionarse e non ficar en moita evidencia diante da mudanza de rumbo impulsada por Trump, xogue a aparentar dignidade e mesmo autonomía, precisamente defendendo a continuidade da guerra e do militarismo e o aumento do gasto militar. E digo de forma consciente «xogue a aparentar» porque en realidade o que está a facer a Unión Europea é xustamente o que quere e o que necesitan os Estados Unidos de América, o que de forma reiterada solicitou o propio Donald Trump, nin máis nin menos que o maior gasto en defensa, en armamento que beneficie, como aconteceu nos últimos anos, a industria militar estadounidense.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  7. Debería sorprender, mais realmente non sorprende se temos en conta que a mesma Unión Europea que estableceu centos de sancións a Rusia, que acabaron prexudicando as súas propias economías e a súa propia poboación, nunca fixo o propio con Israel, a pesar do xenocidio e do masacre de máis de 50 000 persoas e da destrución total de Gaza. Mais, a pesar da nosa incapacidade para non sorprenderme das posicións políticas absolutamente submisas da Unión Europea en relación cos intereses do imperialismo norteamericano e da entidade sionista, non deixa de ser rechamante que cando os Estados Unidos ameazan de forma directa con tomar pola forza militar territorio dun estado da Unión Europea, como é o caso de Grenlandia, tampouco haxa ningún tipo de reacción, de rexeitamento ou de condena.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  8. Debería sorprender este silencio cómplice cando o que se anuncia é tan grave e rompe de forma descarada e arrogante coas normas que rexen as relacións internacionais, no caso de Gaza anunciando de forma directa a intención de proceder ao desprazamento forzoso de toda a súa poboación, máis de 2 millóns de persoas para convertela nun resort, nunha zona de lecer e negocio xestionado directamente polos propios Estados Unidos. Estamos a falar do anuncio da limpeza étnica de Gaza, considerado non só delito, senón crime de lesa humanidade no dereito internacional. E a pesar diso, o silencio do Estado español e da Unión Europea foi atronador.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  9. Prezado señor presidente. Señor ministro, desde que rexistramos esta interpelación até hoxe pasou xa practicamente un mes e nese mes tamén aconteceron moitísimas cousas, de modo que permitirame que actualice algunhas das -- 34 of 116 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 12 de marzo de 2025 cuestións ás que queriamos facer referencia. Vostede sabe que só uns días após a toma de posesión, o novo presidente de Estados Unidos, Donald Trump, para alén de anunciar taxas comerciais, aranceis a distintos países, entre eles o Estado español, ameazaba tamén terceiros países como Panamá, Palestina ou Dinamarca, mesmo con intervencións militares. Todo iso, sen que a Unión Europea e os seus estados, o xardín do seu correlixionario Borrell, dixesen absolutamente nada.

    DIARIO DE SESIONES 101 · 2025-03-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  10. El centralismo españolista no deja de serlo por mucho que se disfrace de defensor de causas justas. Al menos el PP no lleva disfraces. Ya sabemos que los derechos de las personas migrantes preocupan poco o nada. La verdadera preocupación es la sagrada unidad de la patria. Muchas gracias.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  11. ¿Por qué ha de ser xenófobo que las competencias, si las ejerce Cataluña, sean así y cuando las ejerce el Estado no?, teniendo en cuenta el historial de violación de los derechos humanos de las personas migrantes por parte de Gobiernos tanto del PP como del PSOE. No comprendemos, como no sea por racismo lingüístico, supremacismo lingüístico, por qué ha de ser xenófobo que las personas inmigrantes aprendan catalán en Cataluña o gallego en Galicia, por poner un ejemplo, y no cuando se les obliga a aprender español. Pueden alegar que en Cataluña hay fuerzas políticas que tienen posiciones indefendibles y que pueden llegar a gobernar, pero ¿en el Estado español no existen fuerzas con posiciones claramente racistas, supremacistas y xenófobas que también pueden llegar a gobernar? En fin, acabo.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  12. El BNG, como fuerza soberanista, quiere ―queremos― que Galicia, como nación, tenga todas las competencias, todas, empezando por aquellas que le niega el Partido Popular, incluso siendo constitucionales, como hace apenas unos días al votar en contra de la transferencia de tráfico en nuestro país y del despliegue de la policía gallega, que está creada por ley desde el año 2007, pero no nos sorprende que el Partido Popular se oponga a la cesión de competencias a naciones porque está en su ADN centralista y españolizador. No es sorprendente que lo haga cierta izquierda española y que pretendan amparar lo que en el fondo es una pulsión centralista en una aparente lucha contra la xenofobia, pero la realidad es que en Cataluña gobierna el mismo partido que en el Estado.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  13. En fin, acabo, o centralismo españolista non deixa de selo por moito que se disfrace de defensor de causas xustas, polo menos o PP, non hai disfraces, xa todos sabemos que o dereito das persoas migrantes os preocupan pouco ou nada. A verdadeira preocupación é, como eles din, na Sagrada Unidade da Patria. Moito obrigado. Gracias, señor presidente.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  14. Por que ha de ser xenófobo que as competencias se as exerce Cataluña sexan así e cando as exerce o Estado non? Mais tendo en conta o historial de violacións de dereitos humanos das persoas migrantes, tanto por parte do goberno do PP como do PSOE. E non alcanzamos a entender, como non sexa por racismo lingüístico, por supremacismo lingüístico, por que pode ser xenófobo que as persoas inmigrantes aprendan catalán en Cataluña ou galego na Galiza, por caso, e non o é cando se lles obriga a aprender español? Poden alegar que en Cataluña hai forzas políticas que teñen posicións indefendíbeis sobre a inmigración e que poden chegar a gobernar. Mais no Estado español non existen forzas con posicións claramente racistas, supremacistas e xenófobas, que tamén poden chegar a gobernar?

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  15. Grazas señor presidente. O BNG como forza soberanista quere —queremos— que a Galiza como nación teña todas as competencias, todas, comezando por aquelas que lle nega o Partido Popular, mesmo sendo constitucionais, -- 48 of 74 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 11 de marzo de 2025 como hai apenas uns días votando en contra da transferencia de tráfico ao noso país e do despregamento da Policía Galega, que está creada por Lei desde o ano 2007, mais non sorprende que o Partido Popular se opoña á cesión de competencias á nación porque está no seu ADN centralista e españolizador. Máis sorprendente é que o faga tamén unha certa esquerda española e que pretendan amparar o que no fondo é unha pulsión centralista nunha aparente loita contra a xenofobia. Mais a realidade é que en Cataluña goberna o mesmo partido que no Estado.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  16. Por eso nos parece bien el debate que abre esta iniciativa e incluso la búsqueda de alternativas, aunque el BNG no está muy confiado en el hipotético control parlamentario que se puede ejercer sobre una plataforma de iniciativa pública europea, aunque no se apoyase en la participación público-privada. Y no lo estamos porque una vez constatamos la falta de preocupación y el respeto a los procedimientos democráticos de los Estados europeos. Baste ―y con esto finalizo― el silencio cómplice contra el genocidio en Gaza o la escalada bélica con un fondo para armamento y guerra de 800 000 millones de euros sin pasar por el control parlamentario en ningún Estado. A este Congreso no ha venido ni tenemos noticias de que vaya a venir. En fin, democracia sí, ma non troppo. Muchas gracias.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  17. Por ejemplo, en la última comparecencia en este Congreso, la presidenta de la CNMC expuso en septiembre del año pasado como un gran logro la iniciativa de control a TikTok. Ni una sola en relación con Facebook, Instagram, WhatsApp, el gigante Meta, Google o YouTube, y ni siquiera con X, que está destacando por la utilización política obscena al servicio de la ultraderecha y de los intereses oligárquicos norteamericanos. ¿Por qué? Ninguna explicación. Imaginamos que porque una es china y las otras pertenecen al amigo americano al que no conviene molestar excesivamente.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  18. Hoy es indiscutible el papel de las plataformas en las estrategias de la extrema derecha para la difusión de discursos de odio, la propagación de bulos y fake news o la manipulación emocional para tratar de obtener rendimientos políticos de posiciones extremistas, racistas, xenófobas o machistas. -- 39 of 74 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 11 de marzo de 2025 Tiene razón Esquerra Republicana de Cataluña cuando afirma que la situación se ha visto agravada por la falta de control público sobre estas plataformas, que actúan como actores políticos, de hecho, sin estar sometidos a mecanismos de rendimientos de cuentas democráticas. Pero esto también es posible por la pasividad permisiva de las autoridades públicas, evidente en el Estado español.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  19. Muy buenas tardes. Gracias, señora presidenta. Compartimos la preocupación creciente que refleja esta iniciativa de Esquerra, la cual se está generalizando, al menos en los sectores más conscientes de la sociedad, por el hecho de que en la actual era digital son grandes plataformas tecnológicas desde una posición de absoluto dominio las que controlan buena parte de los flujos de información, especialmente en las redes sociales y del uso perverso que de ello hacen. Podemos asegurar que hoy son oligarcas norteamericanos, algunos de ellos incrustados directamente en el Gobierno de Trump, los que dominan el comercio perverso de datos personales a través de grandes plataformas, como Meta, Alphabet, X, la publicidad orientada e hiperdirigida en función de esos datos y, sobre todo, la capacidad de manipulación informativa.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  20. Por iso nos parece ben o debate que abre esta iniciativa e mesmo a procura de alternativas, mesmo que o BNG non estea moi confiante no hipotético control democrático e parlamentar que poida ser exercido sobre unha plataforma de iniciativa pública europea, mesmo que non se apoiase na participación público privada. E non o estamos porque unha e outra vez constatamos a falta de preocupación polo respecto ao procedemento democrático das institucións e estados europeos. Chegue, e con isto finalizo, con citar só o silencio cómplice en relación ao xenocidio en Gaza ou a decisión de escalar a dinámica bélica cun fondo para armamento e guerra de 800 000 millóns de euros, sen pasar polo control parlamentar en ningún estado. A este congreso non veu nin temos noticia de que vaia vir a votación. En fin, democracia si, ma non troppo. Moito obrigado.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  21. Como exemplo, na última comparecencia neste congreso da presidenta da Comisión Nacional de Mercados e da Competencia, en setembro do pasado ano, expuxo como un grande logro unha iniciativa de control de Tiktok. Nin unha soa en relación con Facebook, Instagram, Whatsapp, do xigante Meta con Google ou Youtube e nin sequera con X que se está a singularizar pola utilización política obscena ao servizo da ultradereita e dos intereses oligárquicos norteamericanos. E por que? Ningunha explicación. Imaxinamos que porque unha é chinesa e as outras pertencen ao amigo americano, ao que non convén molestar excesivamente.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  22. Hoxe xa é indiscutíbel o papel destas plataformas nas estratexias da extrema dereita para a difusión de discursos de odio, a propagación de bulos e fake news ou a manipulación emocional para buscar tirar réditos políticos para posicións extremistas, racistas, xenófobas ou machistas. Ten razón Esquerra Republicana de Cataluña cando afirma que a situación se viu agravada pola falta de control público sobre estas plataformas que actúan como actores políticos de facto, sen estaren sometidos a mecanismos de rendición de contas democráticos. Mais isto tamén é posíbel pola pasividade permisiva das autoridades públicas, moi evidente no Estado español.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  23. Moi boa tarde. Obrigado señora presidenta. Partillamos a preocupación crecente que reflicte esta iniciativa de Esquerra mais que se está a xeneralizar polo menos nos sectores máis conscientes da sociedade polo feito de que na actual era dixital, sexan grandes plataformas tecnolóxicas dende unha posición de absoluto dominio as que controlen boa parte dos fluxos de información, especialmente nas redes sociais, e o uso perverso que diso realizan. Podemos asegurar que hoxe son oligarcas norteamericanos, algúns deles incrustados directamente no goberno de Trump, os que dominan o comercio perverso de datos persoais a través de grandes plataformas como Meta, Alphabet e X, a publicidade orientada e hiperdirixida en función deses datos e, sobre todo, a capacidade de manipulación informativa.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  24. ¿Y a qué espera también un Partido Popular, que en el Gobierno de Galicia tiene un balance de vivienda pública que llega a cero, a la hora de reclamar por lo menos esta cesión y activar políticas propias que acerquen la solución y que den una respuesta a esta carestía de la vivienda en nuestro país? Imagino que, como su exministro Rato, seguirán instalados en la máxima «es el mercado, amigo». ¡Qué vergüenza! Votaremos a favor de la toma en consideración de esta iniciativa. Muchísimas gracias.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  25. Carece, pues, de sentido que, a pesar de todos los anuncios propagandísticos realizados por el presidente del Gobierno en materia de vivienda, la Sareb siga reteniendo inmuebles e intentando hacer negocio con ellos en vez de contribuir a resolver un problema social que hoy es de gran magnitud. En el caso de Galicia, la Sareb tiene tres mil inmuebles, de los que, según sus propios datos, alrededor de 1200 están en condiciones de ser habitados de forma inmediata. ¿A qué estamos esperando entonces para ponerlos a disposición de la Administración competente y de las personas que necesitan viviendas? Es injustificable que el propio Gobierno hable tanto de vivienda y continúe bloqueando una medida que, por pequeña que sea, puede dar solución habitacional a muchas familias que la están reclamando y necesitan una vivienda digna.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  26. Por eso cualquier iniciativa que ponga en evidencia esta injusticia y establezca un mecanismo para por lo menos paliarla, impulsando el retorno social del rescate bancario, nos va a parecer bien, independientemente de que entendemos que hay cuestiones que se pueden modificar y mejorar. Y, sobre todo, tenemos que seguir defendiendo que debe devolverse hasta el último céntimo del dinero entregado en su día a la banca. El BNG lleva años reclamando la cesión de los activos de la Sareb para el desarrollo de políticas públicas de vivienda y más vivienda pública. Hoy, la Sareb es una sociedad controlada por la Administración pública estatal.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  27. Lo cierto es que eso solo fue la capitalización bancaria. El conjunto del rescate bancario fue mucho mayor. Y el mismo Estado que acudió veloz a ayudar a los banqueros no hizo ningún esfuerzo, ni con el PP ni con el PSOE, para recuperar el dinero teóricamente prestado, pero realmente regalado. De hecho, solo se devolvió una pequeña parte. Esta es, por tanto, la crónica de un robo descarado a las clases populares, ya sin disimulo de la apariencia de legalidad con que en el capitalismo se puede desposeer a la clase trabajadora, se llame plusvalía o fiscalidad injusta.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  28. Es el mercado, amigo, excepto, claro, cuando hay dificultades, porque entonces se recurre al Estado para que asegure el negocio. Y lo hace, sí, pero lo hace con dinero de todos y de todas, con esa lógica peculiar y perversa de que quienes menos tienen, los trabajadores y trabajadoras, tengan que regalar dinero a los banqueros, privatizar los lucros, pero socializar las pérdidas. Lo hizo, evidentemente, el Gobierno del Partido Popular, que participaba con el delincuente autor de la frase. Delincuente, sí, porque, sea dicho de paso, este señor acabó en la cárcel, porque cuando el mercado que sacralizaba, incluso con la ayuda del Gobierno, no alcanzaba para satisfacer su voracidad y aspiraciones personales, pasó directamente a la rapiña y al saqueo. Se habla de 65 000 millones de euros.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  29. E a que espera tamén un Partido Popular que no Goberno da Galiza ten un balance de vivenda pública que tende a cero para reclamar no mínimo esa cesión e para activar -- 12 of 74 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 11 de marzo de 2025 políticas propias que acheguen solución á demanda e a insoportábel carestía da vivenda no noso país? Imaxino que como o seu ex ministro, o señor Rato seguirán instalados na máxima: é o mercado amigo! e a lóxica, ou mellor dito, o lóxico, tendo en conta que defenden a quen defenden e non precisamente ás clases populares, votaremos a favor da toma en consideración da iniciativa. Moito obrigado. Gracias, presidenta. Un saludo a la representación de Cataluña. Es evidente que la lógica del capitalismo es peculiar.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  30. Carece pois de sentido que, a pesar de todos os anuncios propagandísticos realizados polo presidente do Goberno en materia de vivenda, a Sareb continúe retendo inmobles e tentando facer negocio con eles en vez de contribuír para resolver un problema social hoxe de grande magnitude. No caso da Galiza, a Sareb posúe por volta de 3000 inmobles dos que, segundo os seus propios datos, arredor de 1200 se acharían en condicións de seren habitado de forma inmediata. A que espera, pois para colocar eses inmobles ao dispor da administración competente das persoas necesitadas de vivenda? É absolutamente inxustificábel que o propio goberno fale tanto de vivenda e continúe bloqueando unha medida que, por pequena que sexa, pode dar solución habitacional a moitas familias que están a reclamar e a necesitar unha vivenda digna.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  31. Por iso, calquera iniciativa que poña en evidencia esta inxustiza, estableza mecanismos para no mínimo paliala, impulsando o retorno social do rescate bancario, nos vai parecer ben, con independencia de que entendamos que hai cuestións que poden ser modificadas e melloradas e, sobre todo, de que continuemos a defender que debe ser devolto até o último céntimo do diñeiro entregado no seu día á banca. O BNG leva anos reclamando a cesión dos activos da Sareb para o desenvolvemento de políticas públicas de vivenda e de vivenda pública. Hoxe a Sareb é unha sociedade controlada pola administración estatal.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  32. Fálase de 65 000 millóns de euros. A verdade, iso foi só en capitalización bancaria, o conxunto do chamado rescate bancario foi ben maior e o mesmo Estado que acudiu veloz a axudar aos banqueiros non fixo ningún esforzo, nin co Partido Popular nin co Partido Socialista para recuperar o diñeiro teoricamente emprestado, realmente agasallado, porque de facto só foi devolta unha ínfima parte. Esta é, por tanto, a crónica dun roubo descarado ás clases populares, xa sen disimulo nin a aparencia de legalidade con que no capitalismo se procede a desposuír a clase traballadora, chámese plusvalía ou fiscalidade inxusta.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  33. Obrigado señora presidenta, un saúdo á representación do Parlamento de Cataluña. É evidente que a lóxica do capitalismo é peculiar. É o mercado, amigos, excepto claro cando hai dificultades porque entón recórrese ao Estado para que asegure o negocio. E faino si, mais faino con diñeiro de todos e de todas. Esa lóxica peculiar e perversa de que quen menos ten, os traballadores e traballadoras, teñan que regalar diñeiro aos banqueiros, privatizar os lucros máis socializar as perdas. Fíxoo, evidentemente o goberno do Partido Popular de que o delincuente autor da frase facía parte. Delincuente, si, porque sexa dito de paso, este señor acabou no cárcere., porque cando o mercado que se realizaba mesmo coa axuda do Estado non chegou para satisfacer a súa voracidade e aspiracións persoais pasou directamente á rapina e ao saqueo.

    DIARIO DE SESIONES 100 · 2025-03-11 · READ THE OFFICIAL RECORD

  34. En este aspecto, también se propone incorporar, como medida dentro del pacto, la activación de las ayudas económicas a las víctimas de violencia de género, que incluye la Ley de Garantía Integral de la Libertad Sexual, o garantizar plenamente el derecho al aborto dentro de la sanidad pública. Aumentar la concienciación sobre la mercantilización y explotación promovida por la sociedad sobre los cuerpos de las mujeres, la violencia obstétrica o los vientres de alquiler son otras de las propuestas. En definitiva ―finalizo―, el BNG apoyará la renovación de esta hoja de ruta imprescindible para poner fin a la violencia contra las mujeres, y, por eso, también seguiremos defendiendo un pacto de Estado más ambicioso y eficaz. Muchísimas gracias.

    DIARIO DE SESIONES 99 · 2025-02-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  35. La más importante es que es necesario aumentar los recursos económicos de las distintas Administraciones y, por tanto, las partidas presupuestarias que se destinan a este fin. Otra de las propuestas va dirigida a efectivizar el compromiso de incorporar en su totalidad el contenido del Convenio de Estambul, garantizando su plena aplicación mediante legislación específica y normativas concretas que garanticen su eficacia. Asimismo, el BNG considera esencial explicitar que los centros de crisis 24 horas para víctimas de violencia sexual sean servicios públicos de gestión pública, asegurando así una atención inmediata y especializada.

    DIARIO DE SESIONES 99 · 2025-02-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  36. El Bloque Nacionalista Galego está profundamente comprometido con la lucha por la igualdad y con el feminismo; fuimos y somos vanguardia en Galicia no solo en la movilización social, sino también en las políticas públicas que garanticen avanzar para la igualdad real y efectiva. Compartimos, por tanto, la urgencia de lanzar medidas que lleven a la erradicación de toda violencia machista. Para lograrlo, es necesario articular medios y recursos. Por eso apoyamos decididamente la renovación del pacto de Estado, que permitirá mejorar la protección de las víctimas y avanzar en los distintos ámbitos de concienciación y, también, de atención y respuesta. Dentro de este objetivo, presentamos una serie de respuestas de mejora del documento en forma de votos particulares y que mantenemos hoy para la votación.

    DIARIO DE SESIONES 99 · 2025-02-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  37. Nesta liña tamén se propón incorporar como medida dentro do pacto a activación das axudas económicas á vítima de violencia de xénero que prevé a Lei de Garantía Integral de Liberdade Sexual ou garantir plenamente o dereito ao aborto dentro da sanidade pública. Incrementar a concienciación sobre a mercantilización e explotación promovida pola sociedade sobre os corpos das mulleres, polo sistema sobre os corpos de mulleres, a violencia obstétrica ou os ventres de aluguer son outras das propostas. En definitiva, finalizo, o BNG vai apoiar a renovación desta folla de ruta imprescindíbel para pór fin á violencia contra as mulleres e por iso tamén seguiremos a defender un pacto de estado máis ambicioso e eficaz. Moito obrigado. Gracias, señor presidente. Muy buenas tardes.

    DIARIO DE SESIONES 99 · 2025-02-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  38. A máis importante, que é preciso incrementar os recursos económicos de que dispoñen as distintas administracións e, por tanto, as partidas orzamentarias que se destinan a este fin. Outra das propostas vai dirixida a efectivizar o compromiso de incorporar na súa totalidade o contido do Convenio de Istambul, garantindo a súa plena aplicación mediante a lexislación específica e normativas -- 49 of 70 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 26 de febrero de 2025 concretas que aseguren a súa eficacia. Así mesmo, o BNG considera esencial explicitar que o centro de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual sexan servizos públicos de xestión pública, asegurando así unha atención inmediata e especializada.

    DIARIO DE SESIONES 99 · 2025-02-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  39. Grazas, señor presidente. Moi boa tarde. O Bloque Nacionalista Galego está profundamente comprometido coa loita pola igualdade e o feminismo. Fomos e somos vangarda na Galiza, non só na mobilización social, senón tamén nas políticas públicas que garantan avanzar para a igualdade real e efectiva. Partillamos, por tanto, a urxencia de lanzar medidas que leven á erradicación de toda a violencia machista. Para logralo é preciso artellar medios e recursos, por iso apoiamos decididamente a renovación do pacto de Estado que permitirá mellorar a protección das vítimas e avanzar nos distintos ámbitos de concienciación, de educación e tamén de atención e resposta. Dentro deste obxectivo, presentamos unha serie de propostas de mellora do documento en forma de votos particulares que mantemos hoxe para a votación.

    DIARIO DE SESIONES 99 · 2025-02-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  40. En todo caso, el BNG se mantiene siempre al lado del pueblo saharaui y reafirma su posición histórica de defensa de la autodeterminación y la independencia del Sáhara Occidental. Muchas gracias. (Aplausos).

    DIARIO DE SESIONES 98 · 2025-02-25 · READ THE OFFICIAL RECORD

  41. Dicho esto, reiteramos lo evidente: lo que necesita el pueblo saharaui es una salida colectiva que pasa por el reconocimiento de la nacionalidad saharaui a nivel internacional y a todos los efectos, es decir, lo que hay que hacer es reconocer la República Árabe Saharaui Democrática como Estado soberano independiente. Esto es lo que debe hacer el Estado español para reparar la ignominiosa traición realizada al pueblo saharaui en 1976. Para eso, es necesario empezar por que el Gobierno de Pedro Sánchez rectifique el giro infame, impresentable e injustificable sobre el Sáhara Occidental, que pasó por reconocer la soberanía de Marruecos y doblegarse ante el dictador marroquí, ante el ocupante marroquí.

    DIARIO DE SESIONES 98 · 2025-02-25 · READ THE OFFICIAL RECORD

  42. Nos parece que va más allá de resolver situaciones individuales y comportamientos de la Administración española con respecto la población saharaui que llega o se encuentra en el Estado español y que no tienen justificación de ningún tipo ―recordemos, hace pocos meses todavía, esa deportación de saharauis retenidos en Barajas y solicitantes de asilo―. Más allá de eso, es importante desde el punto de vista simbólico en la medida en que también implica el reconocimiento de España como antigua potencia colonial o, incluso, como potencia administradora, por lo menos, y así lo sigue siendo a ojos de la comunidad internacional.

    DIARIO DE SESIONES 98 · 2025-02-25 · READ THE OFFICIAL RECORD

  43. En todo caso, o BNG mantense sempre á beira do pobo saharauí e reafirma a súa posición histórica de defensa da autodeterminación e a independencia do Sáhara Occidental. Moito obrigado. Gracias, señora presidenta. Esta es la segunda ocasión en poco tiempo en que la cuestión del reconocimiento de la nacionalidad por carta de naturaleza a los y las saharauis nacidas bajo la Administración española se debate en este Congreso. En la pasada legislatura se hizo con una proposición de Unidas Podemos y ahora con esta de SUMAR. En el BNG no hemos cambiado de posición y vamos a decir lo mismo: estamos de acuerdo con la concesión de la nacionalidad a los y las saharauis que lo deseen; evidentemente a aquellos y aquellas que ya la tuvieron, que ya disfrutaron de esa nacionalidad española, pero también a sus descendientes directos.

    DIARIO DE SESIONES 98 · 2025-02-25 · READ THE OFFICIAL RECORD

  44. Dito isto, reiteramos o evidente: o que precisa o pobo saharauí é unha saída colectiva que pasa polo recoñecemento da nacionalidade saharauí a nivel internacional e para todos os efectos, quere dicir, o que cómpre facer é recoñecer a República Árabe Saharauí Democrática como Estado soberano e independente. Isto é o que debe ser feito por parte do Estado español para reparar a ignominiosa traizón realizada ao pobo saharauí en 1976. Para iso é necesario comezar porque o Goberno de Pedro Sánchez rectifique a infame, impresentábel e inxustificábel viraxe sobre o Sáhara Occidental, que pasou por recoñecer a soberanía de Marrocos e dobregarse ante o ditador marroquino ante o ocupante marroquino.

    DIARIO DE SESIONES 98 · 2025-02-25 · READ THE OFFICIAL RECORD

  45. Achamos que para alén de resolver situacións individuais e comportamento da administración española en relación coa poboación saharauí que chega ou se encontra no Estado español e que non teñen xustificación de ningún tipo ¿lembramos hai poucos meses aínda esa deportación de saharauís retidos en Barajas e solicitantes de asilo¿, é importante do punto de vista simbólico, na medida en que tamén implica o recoñecemento de España como antiga potencia colonial ou mesmo como potencia administradora, polo menos así o segue sendo a ollos da comunidade internacional.

    DIARIO DE SESIONES 98 · 2025-02-25 · READ THE OFFICIAL RECORD

  46. Grazas, señora presidenta. Esta é a segunda ocasión en pouco tempo en que a cuestión do recoñecemento á nacionalidade por carta de natureza aos e ás saharauís, nacida coa administración española é debatida neste congreso. Na pasada lexislatura foino cunha proposición de UPN, perdón de Unidas Podemos, agora de SUMAR. No BNG non mudamos de posición e imos dicir o mesmo. Estamos de acordo coa concesión da nacionalidade aos e ás saharauís que o desexaren; evidentemente, a aqueles e aquelas que xa a tiveron, -- 7 of 66 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 25 de febrero de 2025 que xa gozaron desa nacionalidade española, mais tamén aos seus descendentes directos.

    DIARIO DE SESIONES 98 · 2025-02-25 · READ THE OFFICIAL RECORD

  47. Acabo. Miren señores, do PP, 700 000 pensionistas galegos merecen máis. O Partido Popular aínda terá que explicarlles por que actúa para que teñan menos. Moito obrigado. Señorías del PP, 700 000 pensionistas gallegos merecen más. El Partido Popular va a tener aún que explicarles por qué actúa para que tengan menos. Muchas gracias.

    DIARIO DE SESIONES 95 · 2025-02-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  48. Han tenido que rectificar porque ni su propio electorado entendía que castigasen de esa forma a las personas pensionistas, especialmente a aquellas que tienen menos ingresos y más dificultades. Han tenido que rectificar, demostrando de paso que, con grandes estrategas al frente, como el señor Tellado o el señor Feijóo, son un partido a la deriva, que se deja arrastrar por la corriente de la ultraderecha cada vez con más facilidad. En todo caso, el BNG actúa siempre con absoluta coherencia, en defensa de los intereses del pueblo gallego y de las clases populares. Advertimos que esa subida del 2,8 % nos parece insuficiente, pero hemos votado a favor y lo vamos a volver a hacer una vez más. Y, además, damos valor a que se vaya cumpliendo el acuerdo de investidura en relación con las pensiones.

    DIARIO DE SESIONES 95 · 2025-02-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  49. El pasado 22 de enero, el Partido Popular quedó retratado una vez más como lo que es, un partido reaccionario y antisocial que solo defiende los intereses de los poderosos y que sistemáticamente machaca a las clases populares y se opone a los avances en derechos y bienestar. Lo hace cuando está en el Gobierno y, a pesar de toda la demagogia que es capaz de desplegar, no evita tampoco hacerlo, si puede, desde la oposición. Votó en contra de la subida del 2,8 % de las pensiones y del 6 y 9 % de las mínimas y no contributivas. Votó en contra porque eso es realmente lo que quería hacer, porque eso es lo que hizo peor cuando gobernaba, congelando las pensiones o limitando su subida al 0,25 %. Los argumentos utilizados para hacerlo, los palacetes y los inquiokupas, no han sido más que simples pretextos, que ahora han quedado en evidencia.

    DIARIO DE SESIONES 95 · 2025-02-12 · READ THE OFFICIAL RECORD

  50. Tiveron que rectificar porque nin o seu propio electorado entendía que castigasen desa maneira as persoas pensionistas, especialmente aquelas que menos ingresos teñen e máis dificultades en contra. Tiveron que rectificar demostrando de paso que, con grandes estrategos á fronte como o señor Tellado, o Señor Feixóo, son un partido á deriva que se deixa arrastrar pola corrente da ultradereita cada vez con máis facilidade. En todo caso, o BNG actúa sempre con absoluta coherencia en defensa dos intereses do pobo galego e das clases populares. Advertimos que 2,8 % nos parece insuficiente, mais votamos a favor e voltaremos a facelo e valorizamos ademais que se vaia cumprindo o acordo subindo máis as pensións mínimas e non contributivas. Gracias, señor presidente. Buenas tardes.

    DIARIO DE SESIONES 95 · 2025-02-12 · READ THE OFFICIAL RECORD