← LEADERSHIP TERMINAL

CONGRESO DE LOS DIPUTADOS · SITTING

Néstor Rego Candamil

Grupo Parlamentario Mixto · Spain

IN THEIR OWN WORDS

Que la Comisión Mixta de Transferencias es el mecanismo habitual para concretar aquello que, con carácter general, se establece en la ley y, en segundo lugar, que queda clara la responsabilidad del Estado español y que la Xunta de Galicia no tendrá que asumir más que las consecuencias de sus propias decisiones una vez que sea titular de l…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Curiosamente, nesa altura, nese debate, o señor Pedro Puy interveu aquí na anterior ocasión en que debatemos sobre a transferencia da AP-9, era portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia e expresamente reclamou ao resto das forzas políticas eliminar todas as esixencias económicas para evitar darlle un -- 70 of 158 -- PLENO Y DIP…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Pero en el caso de Galicia es resultado de una infrafinanciación crónica, de un sistema de financiación que es profundamente injusto con nuestro país y también, -- 126 of 158 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 23 de julio de 2026 por qué no decirlo, por la mala gestión del PP.

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Una reivindicación que en 2014 se registró en forma de proposición de ley, en diciembre de ese año en el Parlamento de Galicia, que terminó siendo debatida y aprobada en la primavera de 2016.

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Porque vostede entenderá que se o goberno foi capaz de sacar nun único consello de ministros dunha modificación de crédito de10 400 millóns de euros para gasto militar, non nos vai convencer de que non pode sacar 1000 ou 1500 millóns de euros para darlle un impulso á modernización das infraestruturas ferroviarias, tal e como teñen comprom…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

Hoxe é a proba do algodón. Se o Partido Popular está a favor desa transferencia poden votar a favor, mais xa sabemos que non o van facer porque xa votaron dúas veces en contra, buscando pretextos falsos, valéndose da mentira e da manipulación para xustificar máis unha traizón a Galiza, como despois farán, por certo, coa débeda, coa quita…

DIARIO DE SESIONES 199 · 2026-07-23 · READ THE OFFICIAL RECORD

The complete record

Every one of 3,309 lines we hold for Néstor Rego Candamil, in date order, each linked to its source. Free to read, in full, without an account. Page 44 of 67.

  1. E podemos ver todos os días no Congreso retratos e unha estatua de Juan Carlos de Borbón, designado por Franco, que xurou os chamados Principios del Movimiento Nacional, coroado polas Cortes franquistas e que loou tanto a Franco como ó golpe de Estado de 1936. Por certo, vista a vergoñosa traxectoria posterior, farían ben en retiralos canto antes, antes de que se constate cos audios que estamos coñecendo… Gracias, señor presidente. Buenas tardes.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  2. Hoxe, dous anos despois de aprobada a lei de memoria democrática, que tamén isto se evidenciou inútil, traen unha proposición para impulsar a ilegalización da Fundación Franco. Parécenos ben, mais reparen que continúan sen cumprir esa lei na propia Administración, por exemplo, o previsto nos artigos 35 e 39 sobre símbolos, elementos e actos contrarios á memoria democrática, sobre a visibilidade de militares e ministros asociados ó golpe de Estado ou á ditadura. Neste Congreso, a chamada Sala Constitucional está presidida por un ministro de Franco asociado ó sistema represivo da ditadura, Manuel Fraga Iribarne. Isto é un vergoña, señoras e señores do Partido Socialista.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  3. Pretenderon facernos crer, tanto vostedes como Unidas Podemos, que era suficiente que na exposición de motivos -- 27 of 78 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 8 de octubre de 2024 figurase un parágrafo referenciando o dereito internacional. Nós xa sabiamos que non era así e hoxe témolo constatado infelizmente. A primeira querela presentada após a lei foi a dos familiares do noso camarada Moncho Reboiras, dirixente da Unión do Pobo Galego asasinado en 1975, contra 26 persoas responsábeis do seu asasinato. Saben que aconteceu? Foi rexeitada por un xulgado de Ferrol amparándose na lei de amnistía e, máis recentemente, neste último mes de agosto, o recurso de amparo presentado diante do Tribunal Constitucional tamén foi rexeitado. O BNG teno claro: mentres non haxa soporte legal para xulgar os crimes do franquismo, non haberá verdadeira xustiza.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  4. Ese feito provocou unha grande decepción, especialmente entre as asociacións memorialistas, que levan décadas reclamando unha ferramenta legal que permitise coñecer toda a verdade, facer xustiza, impulsar a reparación e achegar garantías de non repetición. Quero lembrar que, precisamente por iso e seguindo o criterio da maioría das asociacións, o BNG non votou a favor da lei. Puideron concibila dende o comezo como unha lei orgánica e teriamos aforrado este paso en que estamos hoxe, mais negáronse totalmente a abordar a cuestión crucial, que é aquela que permitiría xulgar os crimes do franquismo: derrogar os apartados e) e f) do artigo 2 da lei de amnistía.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  5. Grazas, señor presidente. Boa tarde. Permítame que non conteste nin fascistas nin «fascistadas» como as que acabamos de escoitar hoxe aquí, mais si que chame a atención, señoras e señores do PSOE, de que a única maneira de frear o «envalentamento» dos fascistas é avanzando de forma decidida en liberdades públicas, en dereitos sociais e democráticos, por exemplo, ilegalizando a Fundación Francisco Franco dunha vez por todas e todas as organizacións que fan apoloxía do terrorismo, punto, e apoloxía do franquismo que, efectivamente, é facer apoloxía do terrorismo. Vostedes, señoras e señores do PSOE, fixeron unha lei na que quixeron evitar abordar aqueles asuntos máis espiñentos, porque a cuestión é: por que non está xa ilegalizada a Fundación Francisco Franco?

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  6. Según datos de 2022, Galicia se situaba a la cola del Estado en inversión en dependencia. En aquel momento, la Asociación Estatal de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales señalaba que el conjunto de los Gobiernos autonómicos había destinado en 2021, de promedio, a la financiación de este servicio el 79,1 % de su coste total; sin embargo, la Xunta solo dedicó un 67 %, último en una clasificación que lideró Euskadi, con una aportación del 88 %. Finalizo. Aumentar la financiación pública es un prerrequisito para una mejor atención a las personas en situación de dependencia y también para garantizar, como pretende esta proposición de ley, una mayor equidad. En tal caso, todo lo que sean mejoras en este sentido nos van a parecer bien y por ese motivo el BNG va a votar a favor. Muchas gracias.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  7. Una vez más, responsabilidad compartida, en este caso, entre Partido Popular y Partido Socialista, que gobernaron alternativamente en el Estado desde que en 2006 fuera aprobada la ley de dependencia. Fue precisamente durante el Gobierno del PP cuando más se ahondó en la infrafinanciación. Es cierto que, como consecuencia de los compromisos adquiridos, en referencia al acuerdo de investidura de 2020, como decía antes, hubo un incremento importante en los recursos destinados a financiar las actuaciones de dependencia y el aumento de las aportaciones a Galicia experimentó un crecimiento del 121 % entre 2021 y 2023 en relación con 2020, pero sigue siendo insuficiente. Esto se ve agravado en Galicia por las políticas de recortes que aplica el Partido Popular desde el Gobierno gallego.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  8. Centros de día, residencias, ayudas, apoyo a las personas cuidadoras, programas para la soledad no deseada, atención a la prevención y atención de enfermedades neurodegenerativas, asistencia personal para las personas con discapacidad, son todas ellas actuaciones que requieren financiación pública suficiente. En realidad, este el principal problema: la infrafinanciación de las actuaciones previstas en la ley de dependencia, con una responsabilidad compartida entre Estado y comunidades autónomas. Reparemos en que, a pesar de lo legalmente previsto y de los compromisos establecidos, entre otros con el BNG, en el acuerdo de investidura de 2020, el Estado no cumple aún con la aportación que le corresponde del 50 % y la deuda acumulada, por ejemplo, con Galicia en esta materia el Gobierno gallego la cifra en 2500 millones de euros.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  9. Tenemos claro que es preciso avanzar en materia de atención a la dependencia y para lograr un sistema público de atención efectivo que se adapte a las necesidades de cada persona, tanto de las personas con discapacidades como para atender a las condiciones derivadas del envejecimiento. Cabe -- 6 of 78 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 8 de octubre de 2024 recordar que las competencias para la atención a la dependencia son de las comunidades autónomas y que los servicios que pueden y deben prestar para la atención a la dependencia deben ser atendidos desde distintos ámbitos y con distinta intensidad, partiendo de un ideal de atención individualizado para cada persona usuaria en que se haga una valoración integral, se establezcan objetivos y que se vaya adaptando a la evolución de la persona atendida.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  10. Gracias, señora presidenta. Buenas tardes. Debatimos hoy la iniciativa legislativa popular que propone la modificación de la Ley 39/2006, de 14 de diciembre, de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia, en relación con la participación en el coste de las prestaciones y servicios de las personas beneficiarias. Se trata de una propuesta que procede ya de la X Legislatura y que se ha venido posponiendo, pero que merece atención y urgencia por la relevancia que puede tener en el día a día de la vida de muchas personas. El BNG va a apoyar su toma en consideración y esperamos que se tramite de forma ágil. Sin embargo, también presentaremos enmiendas para intentar mejorarla.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  11. Segundo datos de 2022, Galiza situábase á cola do Estado en investimento en dependencia. Nesa altura, a Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais sinalaba que o conxunto dos Gobernos autonómicos destinaron en 2021 de media ó financiamento deste servizo o 79,1 % do seu custo total. Porén, a Xunta de Galiza só dedicou o 67 %, último nunha clasificación que liderou Euskadi cunha achega do 88 %. Finalizo. Así pois, aumentar o financiamento público é un requisito para unha mellor atención ás persoas en situación de dependencia, pois partimos de que debe ser enteiramente atendida con recursos públicos. En todo caso, todo o que sexa avanzar nunha situación de maior equidade vainos parecer ben. Por iso, o BNG votará a favor da toma en consideración e, como dicía, tamén presentaremos emendas para mellorala. Moito obrigado.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  12. Máis unha vez, responsabilidade compartida neste caso entre o Partido Popular e o Partido Socialista, que gobernaron alternativamente no Estado desde que en 2006 fose aprobada a lei de dependencia. Foi precisamente durante o Goberno do Partido Popular cando máis se afondou no infrafinanciamento. E é certo que, como consecuencia dos compromisos adquiridos, facía referencia antes ó acordo de investidura co BNG en 2020, houbo un incremento importante nos recursos destinados a financiar as actuacións da dependencia. Por exemplo: o aumento das achegas a Galiza experimentou un crecemento do 121 % entre o 2021 e 2023 en relación co 2020. Mais continúa sendo insuficiente. Isto vese agravado en Galiza polas políticas de recortes que aplica o Partido Popular desde o Goberno galego.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  13. Axuda no Fogar, Xantar na Casa, centros de día, residencias, axudas e apoio ás persoas coidadoras, programas para a soidade non desexada, atención á prevención de enfermidades neurodexenerativas, asistencia persoal para as persoas con discapacidade son todas elas actuacións que precisan dun financiamento público suficiente. Na verdade, este é o principal problema, o infrafinanciamento das actuacións previstas na lei de dependencia cunha responsabilidade partillada entre Estado e comunidades autónomas. Reparemos que, a pesar do legalmente previsto e dos compromisos establecidos, entre outros, co BNG no acordo de investidura do 2020, o Estado non cumpre aínda coa achega que lle corresponde do 50 % e a débeda acumulada, por exemplo, coa Galiza nesta materia cífraa o Goberno galego en 2500 millóns de euros.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  14. Temos claro que é preciso avanzar en materia de atención á dependencia para lograr un sistema público que sexa efectivo, que se adapte ás necesidades de cada persoa tanto das persoas con discapacidades como para atender as condicións derivadas do envellecemento. Cabe lembrar que as competencias para a atención á dependencia son das comunidades autónomas e que os servizos que poden e deben prestar para a atención á dependencia deben ser atendidos desde distintos ámbitos e con distinta intensidade, partindo dun plan de atención individualizado para cada persoa usuaria no que se faga unha valoración integral, se estabelezan obxectivos e se vaia adaptando á evolución de cada persoa.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  15. Obrigado, señora presidenta. Boa tarde. Debatemos hoxe a iniciativa lexislativa popular que propón a modificación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia en relación á participación no custo das prestacións e servizos das persoas beneficiarias. Trátase dunha proposta que procede xa da X lexislatura e que veu sendo adiada, mais que merece atención e urxencia pola relevancia que pode ter no día a día da vida de moitas persoas. O BNG vai apoiar a súa toma en consideración e agardamos que se tramite de forma áxil. Con todo, tamén presentaremos emendas para tentar mellorala.

    DIARIO DE SESIONES 67 · 2024-10-08 · READ THE OFFICIAL RECORD

  16. Galicia puede y debe tener una o varias empresas públicas de transporte y el BNG impulsará que así sea. Por último, quiero mencionar una cuestión de gran preocupación para el rural gallego, como es la supresión de paradas en las líneas de transporte por carretera previstas en el mapa del transporte por carreteras. Para muchas personas, muchas de ellas mayores, pero también jóvenes, es en muchos casos la única forma de desplazarse. Por lo tanto, la eliminación sin más, sin alternativa, no puede ser nunca la solución. Es necesario un entendimiento entre las distintas administraciones que garantice conexiones interautonómicas ágiles, sin dejar abandonadas las poblaciones que hasta ahora contaban con este servicio. En conclusión, es preciso mejorar el texto y vamos a colaborar para conseguirlo.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  17. Además, también es necesario recordar la necesidad de respetar las competencias propias de las comunidades autónomas, evidentemente de Galicia, que tienen que tener la posibilidad de diseñar y adaptar la movilidad a su realidad propia y diferenciada. En este sentido, el proyecto entra en muchos aspectos que inciden directamente en la capacidad de decisión y autogobierno. Eso debe ser corregido, señor ministro, debe ser corregido; lo que no impide que se promueva la colaboración y la coordinación entre las distintas administraciones para lograrlo de la mejor manera posible. También reclamaremos la creación y promoción de empresas públicas de transporte, siempre que sea posible, que permitan la gestión de los servicios en aras del interés social y no meramente económico.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  18. Con nuestras enmiendas reclamaremos que se asegure una financiación pública que permita no solo mantener los servicios actuales y evitar la supresión de líneas y paradas, sino corregir el déficit histórico que sufre Galicia en materia de infraestructuras, sobre todo ferroviarias, tanto para el transporte de viajeros como de mercancías. Asimismo, exigiremos que se apueste de forma clara por el transporte ferroviario como modo de movilidad del futuro, un modo de movilidad eficaz, eficiente y sostenible, empezando por poner en valor y dar uso y vida a las infraestructuras ya existentes, ampliando los servicios, horarios y frecuencias, junto con una política tarifaria atractiva, pero también implantando nuevos servicios que Galicia no tiene, como es, por ejemplo, el servicio de cercanías ferroviarias.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  19. Si bien es cierto que el BNG considera que este proyecto de ley no se adapta ni cumple con las necesidades en materia de movilidad que tiene nuestro país, también consideramos que si hubiese voluntad por parte de los grupos parlamentarios, se podrían producir avances y mejoras en aspectos que para el conjunto de la ciudadanía del Estado español, y en nuestro caso, muy especialmente para Galicia, son fundamentales. Para lograr esto, el BNG va a trabajar, como ya hicimos en la anterior legislatura, y para ello presentaremos enmiendas parciales en defensa del transporte colectivo como servicio público básico que debe llegar y vertebrar el conjunto del territorio, también el rural, sin que se pueda sacrificar la movilidad con base en criterios de rentabilidad económica.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  20. Gracias, señora presidenta. Muy buenas tardes. El Partido Popular trae hoy a debate una enmienda de totalidad de devolución al Proyecto de Ley de Movilidad Sostenible, iniciativa que, en primer lugar, llama la atención, puesto que en la anterior legislatura, ante un texto esencialmente igual, consideraron que la norma no merecía este veto por su parte. Ahora -- 60 of 81 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 26 de septiembre de 2024 cambian de criterio y piden que se devuelva al Gobierno, expresando unos argumentos, a nuestro juicio, centralizadores, uniformizadores y, en consecuencia, tan contrarios a los intereses de Galicia que no podemos compartir ni apoyar.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  21. Galiza pode e debe ter unhas ou varias empresas públicas de transporte e o BNG impulsará que así sexa. Por último, quero mencionar unha cuestión de grande preocupación para o rural galego como a supresión de paradas nas liñas de transporte por estrada previstas no mapa de transporte por estradas. Para moitas persoas, moitas delas idosas, mais tamén mozos e mozas, en moitos casos é a única forma de desprazarse. Por tanto, a eliminación sen máis, sen alternativa, non pode ser nunca a solución. É preciso un entendemento entre as distintas Administracións que garanta conexións interautonómicas áxiles sen deixar abandonadas as vilas que até agora contaban con este servizo. En conclusión, é preciso mellorar o texto e imos colaborar para conseguilo, o que non imos é apoiar a emenda á totalidade do Partido Popular. Moito obrigado.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  22. Alén do máis, tamén é preciso lembrar a necesidade de respectar as competencias propias das comunidades autónomas, evidentemente de Galiza, que ten que ter a posibilidade de deseñar e adaptar a mobilidade á súa realidade propia e diferenciada. Neste sentido, o proxecto entra en moitos aspectos que inciden directamente na capacidade de decisión e autogoberno. Iso debe ser corrixido, señor ministro, debe ser corrixido, o que non impide que se promova a colaboración e coordinación entre as distintas Administracións para logralo da mellor maneira posíbel. Tamén reclamaremos a creación e promoción de empresas públicas de transporte, sempre que for posíbel, que permitan a xestión dos servizos en aras do interese social e non meramente económico.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  23. Coas nosas emendas reclamaremos que se asegure un financiamento público que permita non só manter os servizos actuais e evitar a supresión de liñas e paradas, senón corrixir o déficit histórico que sofre Galiza en materia de infraestruturas, sobre todo ferroviarias, tanto para o transporte de viaxeiros como de mercadorías. Así mesmo, esixiremos que se aposte de forma clara polo transporte ferroviario como un modo de mobilidade do futuro, un modo de mobilidade eficaz, eficiente e sustentábel, a comezar por pór en valor e dar uso e vida ás infraestruturas xa existentes ampliando servizos, horarios e frecuencias xunto cunha política tarifaria atraente, mais tamén implantando novos servizos que a Galiza non ten, por exemplo, o servizo de proximidades ferroviarias.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  24. Se ben é certo que o BNG considera que este proxecto de lei non se adapta nin cumpre coas necesidades en materia de mobilidade que ten o noso país, tamén consideramos que, se houber vontade por parte dos grupos parlamentarios, se poderían producir avances e melloras nos aspectos que, para o conxunto da cidadanía do Estado español e, no noso caso, moi especialmente para Galiza, son fundamentais. E, para lograr isto, o BNG vai traballar, polo que, como xa fixemos na anterior lexislatura, presentaremos emendas parciais en defensa do transporte colectivo como servizo público básico que debe chegar e vertebrar o conxunto do territorio, tamén o rural, sen que se poida sacrificar a mobilidade en base a criterios de rendibilidade económica.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  25. Grazas, señora presidenta. Moi boa tarde. O Partido Popular trae hoxe a debate unha emenda de totalidade de devolución ó proxecto de Lei de Mobilidade Sustentábel, iniciativa que, en primeiro lugar, chama a atención posto que na anterior lexislatura ante un texto esencialmente igual consideraron que a norma non merecía este veto pola súa parte. Agora mudan o criterio e piden que se devolva ó Goberno expresando uns argumentos, ó noso xuízo, centralizadores, uniformizadores e, en consecuencia, tan contrarios ós intereses de Galiza que non podemos compartir nin apoiar.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  26. Galiza, finalizo, ten a consideración constitucional de nacionalidade histórica con Euskadi e Cataluña e non quere nin pode seguir perdendo oportunidades. Ese modelo que o PP considera secesionismo fiscal xa o ten Euskal Herria, terao Cataluña e pode e debe telo Galiza. Moito obrigado. Galicia — finalizo— tiene la consideración constitucional de nacionalidad histórica, con Euskadi y Cataluña. No quiere ni puede seguir perdiendo oportunidades. Ese modelo que el PP considera secesionismo fiscal ya lo tiene Euskal Herria, lo tendrá Cataluña y puede y debe tenerlo también Galicia. Muchas gracias. (Aplausos). -- 29 of 81 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 26 de septiembre de 2024

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  27. Si aceptaron una financiación singular para Cataluña, deben aceptarla también para un país como Galicia, con características singulares, que puede y debe responsabilizarse por sí misma y de los recursos que genera.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  28. Si tomamos la liquidación de 2022, resulta que la diferencia entre lo que los gallegos y gallegas pagamos en impuestos y lo que el Estado nos devuelve se sitúa en 5344 millones de euros. La conclusión del economista Xosé Díaz es que desde 2009 el Estado ha succionado a Galicia casi 60 000 millones de euros —el Estado, no Cataluña—, pero al Partido Popular y a Rueda esto no les interesa. Tenemos que concluir, insisto, en que en realidad no les interesa ni Galicia ni su gente. Al BNG sí le interesa mejorar la calidad de vida y bienestar de las gallegas y gallegos, y por eso reclamamos la soberanía fiscal y, de inmediato, un sistema de concierto que dé a nuestro país la capacidad normativa y de recaudación. Se lo recordaba la semana pasada, señora vicepresidenta, porque son ustedes ahora y no el PP quienes tienen la responsabilidad.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  29. Aun así, Rueda renuncia a reclamar un nuevo modelo que le dé a Galicia la llave del dinero e incluso, rechaza la bilateralidad con el Estado en esta materia, quizás es porque esto echaría por tierra su campaña demagógica de que la financiación singular de Cataluña perjudicaría a Galicia. Comenzó diciendo que perderíamos 444 millones de euros y ahora ya serían 628 millones de euros sin explicar ni cómo ni por qué. En fin, ya se sabe, el papel aguanta de todo. Pero, por mucho que se empeñen Rueda y el Partido Popular, la realidad es bien diferente. No es Cataluña quien nos roba, es Madrid, Madrid como metonimia de España o del Estado —y a Ayuso me remito— e incluso también la propia comunidad y la propia ciudad de Madrid por la vía del efecto sede y la sobrejecución presupuestaria. La semana pasada he dado aquí algunos datos del expolio.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  30. Quizás por eso no le interesa al PP, para no reconocer el papel del Bloque Nacionalista Gallego, y porque le desmontaría la campaña que tiene en marcha sobre Cataluña. Es realmente escandaloso. Si a Rueda no le interesa, a los gallegos y a las gallegas, evidentemente, sí. Igual comportamiento irresponsable en relación con la financiación. Es evidente que el actual sistema es gravemente lesivo para Galicia, que, como consecuencia de la falta de soberanía política y también fiscal, se sitúa a la cola del Estado español en indicadores socioeconómicos y de calidad de vida.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  31. Veamos, desde que el PP volvió al Gobierno gallego en 2009, más que triplicó la deuda pública gallega, situándola por encima de 12 000 millones de euros. Además, optó por recurrir a la banca privada en vez de al FLA, aunque eso supusiese tener que pagar más intereses. La partida para pagar los intereses es la tercera mayor de los presupuestos de la Xunta y alcanza los 1647 millones de euros. Aun así, Rueda dice, públicamente, que a Galicia no le interesa reducir la deuda. El BNG ha incorporado al acuerdo de investidura que a nuestro país se le reduciría la deuda, o se compensaría en el caso de la establecida con los bancos, en porcentaje análogo a otras comunidades, por ejemplo, Cataluña.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  32. Es decir, con tal de mantener sus batallas partidistas, al Partido Popular no le preocupa perder, como es el caso de Galicia, cientos o miles de millones de euros que permitirían mejorar los servicios públicos o sostener políticas públicas esenciales, por ejemplo, en el ámbito de la vivienda o del empleo. La única conclusión posible es que a Rueda y al Partido Popular no les interesa la gente; la única conclusión posible, realmente, es que Rueda es un delegado servil, un buen colonizado, sumiso siempre a lo que manden en Madrid, incluso aunque eso perjudique a todos los gallegos y gallegas, lo cual lo convierte en un presidente antigallego, que hoy ya ha dejado claro, históricamente, atacando nuestro idioma.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  33. El problema es que las consecuencias de esa demagogia las paga la ciudadanía, lo que, con seguridad, al PP le importa entre poco y nada. -- 28 of 81 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 26 de septiembre de 2024 Esto es lo que está demostrando el presidente del Gobierno gallego, el señor Rueda, que, embarcado en la campaña diseñada en Génova contra esto que llaman secesionismo fiscal, está dispuesto a perder recursos esenciales para la Administración gallega, ya sea por la vía de rechazar un modelo de financiación más justo, ya sea renunciando a gestionar la compensación de parte de la deuda gallega.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  34. Ó BNG si lle interesa mellorar a calidade de vida e benestar dos galegos e galegas. Por iso reclamamos soberanía fiscal e, no inmediato, un sistema de concerto que dea ó noso país capacidade normativa de recadación. Lembráballo na pasada semana, señora vicepresidenta, porque son vostedes agora e non o PP quen ten a responsabilidade. Se aceptaron unha financiación singular para Cataluña, deben aceptala tamén para un país como Galiza, con características singulares que pode e debe responsabilizarse de si propio e dos recursos que xera. Gracias, señora presidenta. Muy buenos días, señora ministra. Hay que reconocer que el Partido Popular, que solicitó esta comparecencia, maneja con maestría la demagogia y la manipulación.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  35. Non é Cataluña quen nos rouba, é Madrid, Madrid como metonimia de España ou do Estado, e a Ayuso me remito, e mesmo tamén a propia comunidade e a propia cidade de Madrid pola vía do efecto sede e da sobreorzamentación e da sobreexecución orzamentaria. Eu dei aquí a pasada semana algúns datos do espolio. Se tomarmos a liquidación de 2022, resulta que a diferenza entre o que os galegos e galegas pagamos en impostos e o que o Estado nos devolve se sitúa en 5344 millóns de euros. A conclusión do economista Xosé Díaz é que, desde o 2009, o Estado succionou a Galiza case 60 000 millóns de euros. O Estado, non Cataluña. Mais ó Partido Popular e a Rueda isto non lles interesa. Teremos que concluír, insisto, que a realidade é que non lles interesa nin Galiza nin a súa xente.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  36. É evidente que o actual sistema é gravemente lesivo para Galiza que, como consecuencia da falta de soberanía política e tamén fiscal, se sitúa á cola do Estado en indicadores socioeconómicos e de calidade de vida. Aínda así, Rueda renuncia a reclamar un novo modelo que dea a Galiza a chave do diñeiro e mesmo rexeita a bilateralidade co Estado nesta materia, se callar, porque isto deitaría por terra a súa campaña demagóxica de que o financiamento singular de Cataluña prexudica a Galiza. Comezou dicindo que perderiamos 444 millóns de euros, agora xa serían 628 millóns de euros sen explicar nin como nin por que. En fin, xa se sabe, o papel aguanta de todo. Mais por moito que se empeñen Rueda e o Partido Popular, a realidade é ben diferente.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  37. Ademais, optou por recorrer á banca privada en vez do FLA, mesmo que isto supuxese ter que pagar máis xuros. A partida para pagar os xuros é a terceira maior dos orzamentos da Xunta e alcanza os 1647 millóns de euros. Mesmo así, Rueda di publicamente que a Galiza non lle interesa reducir a débeda. O BNG incorporou ó acordo de investidura que ó noso país se lle reduciría a débeda, ou se compensaría no caso da establecida cos bancos, en porcentaxe análoga á doutras comunidades, por exemplo, Cataluña. Se callar, por iso non lle interesa ó PP, para non recoñecer o papel do BNG e porque lle desmontaría a campaña que ten en marcha sobre Cataluña. É realmente escandaloso. Se a Rueda non lle interesa, ós galegos e galegas evidentemente si. Igual comportamento irresponsábel en relación co financiamento.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  38. Quero dicir, con tal de manter as súas batallas partidistas, ó Partido Popular non lle preocupa perder, como no caso da Galiza, centenas ou millares de millóns de euros que permitirían mellorar os servizos públicos ou soster políticas públicas esenciais, por exemplo, no ámbito da vivenda ou do emprego. A única conclusión posíbel é que a Rueda e ó Partido Popular non lles interesa a xente. A única conclusión posible realmente é que Rueda é un delegado servil, un bo colonizado, submiso sempre ó que manden en Madrid, mesmo que iso prexudique a todos os galegos e galegas, o que o converte nun presidente antigalego, como xa deixou claro, por outro lado, historicamente atacando a nosa lingua. Vexamos. Desde que o PP voltou ó Goberno galego en 2009 máis que triplicou a débeda pública galega, situándoa por riba de 12 000 millóns de euros.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  39. Grazas, señora presidenta. Moi bo día, señora ministra. Hai que recoñecer que o Partido Popular, que solicitou esta comparecencia, manexa con mestría a demagoxia e a manipulación. O problema é que as consecuencias desa demagoxia págaas a cidadanía o que, con certeza, ó PP lle importa entre pouco e nada. Iso é o que está a demostrar o presidente do Goberno galego, o señor Rueda, que, embarcado na campaña deseñada en Génova contra isto que deron en chamar secesionismo fiscal, está disposto a perder recursos esenciais para a Administración galega, quer pola vía de rexeitar un modelo de financiamento máis xusto, quer renunciando a xestionar a condonación, compensación de parte da débeda galega.

    DIARIO DE SESIONES 66 · 2024-09-26 · READ THE OFFICIAL RECORD

  40. Pero é verdade que o que hai que facer é axilizalo canto antes para atender as necesidades das persoas que sofren doenzas por causa do amianto. Moito obrigado. … y agilizarlo a fin de atender a las necesidades de las personas que sufren enfermedades por causa del amianto. Gracias.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  41. El BNG, en la línea de la Asociación Gallega de Víctimas del Amianto, Agavida, y de la CIG, defiende la necesidad de mejorar la norma, especialmente en relación con la percepción única de la compensación, que no prevé la evolución y el agravamiento de las enfermedades, y con el cómputo de la prescripción desde el auto de insolvencia, y no desde la creación del mecanismo, que impediría el acceso a muchas personas. También creemos necesario modificar los criterios de acceso fijados, que se limitan a las personas que ya tienen reconocimiento judicial o administrativo o con diagnóstico de mesotelioma o asbestosis, excluyendo el conjunto de patologías del anexo, ya de por sí restrictivo. Por lo tanto, es necesario mejorar este proyecto…

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  42. Para nosotros esto es injustificable, porque, además, se añade a un proceso legislativo artificiosamente prolongado, atrasando cada uno de los sucesivos trámites. A finales de la XIV Legislatura el Gobierno hizo público un borrador, que fue sometido a exposición, y, según una respuesta al BNG en el mes de mayo, también a consulta de las comunidades autónomas, reclamamos que se apruebe con urgencia. Sin embargo, tenemos que decir que somos muy críticos con la propuesta del ministerio, pues en esos términos, a nuestro juicio, el fondo de compensación quedaría muy lejos de cumplir los objetivos y las expectativas de todas las entidades, sindicatos y partidos que hemos defendido su creación.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  43. Tamén cremos necesario modificar os criterios de acceso fixados, que se limitan ás persoas que xa teñen recoñecemento xudicial ou administrativo ou con diagnose de mesotelioma ou de asbestose excluíndose o conxunto das patoloxías de anexo, xa de por si restritivo. Por tanto, é necesario mellorar este proxecto. Buenas tardes. Gracias, señor presidente. El Bloque Nacionalista de Galicia comprendemos y compartimos la participación de los proponentes por el incumplimiento hasta ahora de la ley y que para poder aplicar el fondo resulta imprescindible su desarrollo reglamentario, para el cual se fijaba un plazo de tres meses, que se cumplió en octubre de 2022, es decir, prácticamente con dos años de retraso.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  44. Porén, temos que dicir que somos moi críticos coa proposta do ministerio, pois neses termos, ó noso xuízo, o fondo de compensación ficaría moi lonxe de cumprir os obxectivos e expectativas de todas as entidades, sindicatos e partidos que temos defendido a súa creación. O BNG, na liña da Asociación Galega de Vítimas do Amianto, AGAVIDA, e da CIG, defendemos a necesidade de mellorar a norma, especialmente en relación coa percepción única de compensación que non prevé a evolución e agravamento das doenzas e co cómputo da prescrición desde o auto de insolvencia, non desde a creación do mecanismo, que impediría o acceso de moitas persoas.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  45. Boa tarde. Grazas, señor presidente. No BNG comprendemos, partillamos a preocupación dos propoñentes polo incumprimento até agora da lei, porque para poder aplicar o fondo, resulta imprescindíbel o seu desenvolvemento regulamentario, -- 40 of 70 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 24 de septiembre de 2024 para o cal se fixaba un prazo de tres meses que se cumpriu en outubro 2022, quero dicir, practicamente dous anos de demora. Para nós isto resulta inxustificábel, porque vén, ademais, a engadirse a un proceso lexislativo artificiosamente prolongado, atrasando cada un dos sucesivos trámites. A finais da XIV lexislatura, o Goberno fixo público un borrador que foi sometido a exposición e que, segundo unha resposta do BNG do mes de maio, tamén a consulta das comunidades autónomas. Reclamamos que se aprobe con urxencia.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  46. Pero, de cualquier manera, en un Estado en el que un policía torturador franquista como Billy el Niño muere en su cama con las medallas puestas por la dictadura y por la democracia constitucional, es evidente que hay muchas cosas que deben cambiar, emprendamos los pasos para hacerlo. Muchas gracias. (Aplausos). -- 10 of 70 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 24 de septiembre de 2024

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  47. Pero permítanme que seamos escépticos sobre las garantías que traerá que tres magistrados de la Sala segunda —la que el PP controlaba por la puerta de atrás— del mismo Tribunal Supremo, que se niega a aplicar íntegramente la ley de amnistía, sean los que decidan sobre dichas autorizaciones. Finalizo. En todo caso, creemos que también se debe ser escéptico acerca de las posibilidades reales de un control democrático del CNI y de sus actuaciones, que nos lleva a pensar si la única medida realmente eficaz desde el punto de vista democrático no sería su disolución.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  48. Los más recientes casos conocidos, como el espionaje ilegal a dirigentes políticos, como digo, especialmente independentistas, y no solo con el software israelí Pegasus, o la practicada por la llamada policía patriótica al servicio del Partido Popular contra Podemos, que ponen de manifiesto que es necesario actuar para ponerle coto a la vulneración de derechos democráticos fundamentales por parte de agentes al servicio del Estado o de las cloacas del Estado. Por ello concordamos y apoyaremos la toma en consideración de la proposición de ley impulsada por el PNV, aunque incluso consideremos que algunas medidas, teniendo lógica, pueden no ser excesivamente eficaces, porque es absolutamente lógico que intervenciones que afectan a derechos fundamentales cuenten con previa autorización judicial.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  49. Y a lo largo de estos años, han sido numerosos los episodios de actuaciones ilícitas por parte de miembros de las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado, desde la guerra sucia y la práctica de torturas, por las que el Estado español ha sido condenado en varias ocasiones, hasta el espionaje ilegal a personas y dirigentes políticos considerados disidentes, especialmente del ámbito de las fuerzas soberanistas e independentistas.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD

  50. Basta con recordar que no hace mucho, en 2018, el cabo gallego Marco Santos Soto fue expulsado por denunciar en un escrito el franquismo en el ejército, expresado además en un manifiesto público ante militares, que ese sí no recibió ningún tipo de reprobación por parte del Gobierno. Y, claro, son bien conocidas las faltas democráticas en el ámbito policial y de la inteligencia. La misma exposición de motivos de la proposición de ley que hoy debatimos recuerda la condena al teniente general Emilio Alonso Manglano, ex jefe del CESID, y del excoronel Juan Alberto Perote, ex director de unidad del CESID, por un delito continuado de escuchas ilegales cometido de forma permanente entre 1983 y 1991.

    DIARIO DE SESIONES 64 · 2024-09-24 · READ THE OFFICIAL RECORD