Néstor Rego Candamil
Grupo Parlamentario Mixto · Spain
“Que la Comisión Mixta de Transferencias es el mecanismo habitual para concretar aquello que, con carácter general, se establece en la ley y, en segundo lugar, que queda clara la responsabilidad del Estado español y que la Xunta de Galicia no tendrá que asumir más que las consecuencias de sus propias decisiones una vez que sea titular de l…”
“Curiosamente, nesa altura, nese debate, o señor Pedro Puy interveu aquí na anterior ocasión en que debatemos sobre a transferencia da AP-9, era portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia e expresamente reclamou ao resto das forzas políticas eliminar todas as esixencias económicas para evitar darlle un -- 70 of 158 -- PLENO Y DIP…”
“Pero en el caso de Galicia es resultado de una infrafinanciación crónica, de un sistema de financiación que es profundamente injusto con nuestro país y también, -- 126 of 158 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 23 de julio de 2026 por qué no decirlo, por la mala gestión del PP.”
“Una reivindicación que en 2014 se registró en forma de proposición de ley, en diciembre de ese año en el Parlamento de Galicia, que terminó siendo debatida y aprobada en la primavera de 2016.”
“Porque vostede entenderá que se o goberno foi capaz de sacar nun único consello de ministros dunha modificación de crédito de10 400 millóns de euros para gasto militar, non nos vai convencer de que non pode sacar 1000 ou 1500 millóns de euros para darlle un impulso á modernización das infraestruturas ferroviarias, tal e como teñen comprom…”
“Hoxe é a proba do algodón. Se o Partido Popular está a favor desa transferencia poden votar a favor, mais xa sabemos que non o van facer porque xa votaron dúas veces en contra, buscando pretextos falsos, valéndose da mentira e da manipulación para xustificar máis unha traizón a Galiza, como despois farán, por certo, coa débeda, coa quita…”
The complete record
Every one of 3,309 lines we hold for Néstor Rego Candamil, in date order, each linked to its source. Free to read, in full, without an account. Page 65 of 67.
“Sabemos perfectamente que os problemas estruturais da Galiza son profundos e parten da inserción dependente no Estado español e, por tanto, só terán solución real cando conquistemos a plena capacidade para decidir. Por iso somos nacionalistas, por iso traballamos para a soberanía, porque só unha Galiza soberana será quen de desenvolver plenamente as súas potencialidades e promover maior calidade de vida e benestar para todos os galegos e galegas. Mais tamén sabemos que en cada momento debemos actuar no contexto que nos toca, de maneira que se tomen en conta os intereses da clase traballadora e das clases populares galegas.”
“Mais non se preocupen, o BNG está traballando activamente para facer realidade a mudanza política que a Galiza precisa e após as próximas eleccións teremos na Galiza un Goberno encabezado polo BNG que actúe non como unha delegación de Génova senón como o verdadeiro Goberno da nosa nación. Con certeza, este acordo contribúe para mellorar a vida de todos os galegos e galegas, e por iso xerou unha valoración moi positiva na maioría da sociedade galega. En todos, menos no Partido Popular, que ficou descolocado e aínda non deu sabido como se resituar. Especialmente porque o PP quedou en evidencia como unha forza política absolutamente inútil para resolver os problemas do noso país, en canto ficou claro que nada máis útil que unha forza propia como o BNG que sempre defende os intereses do pobo galego.”
“E son moitas porque o balance de trece anos de presidencia do señor Feixoo é desolador. Cero competencias asumidas. Cero. O paradoxo galego é que as forzas que se din autonomistas non exercen como tales. E somos nós, o BNG, unha forza que non é autonomista, que nunca o foi, que -- 22 of 50 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 16 de noviembre de 2023 nunca o será, porque o noso obxectivo é a plena soberanía que temos que colocar sobre a mesa que, polo menos, se cumpra co previsto no Estatuto de Autonomía. E por iso somos conscientes de que esta medida de acordo terá pouca viabilidade cun Goberno do Partido Popular que non fará nada por reclamar esas competencias.”
“Loxicamente, o BNG continuará traballando polo fin da concesión canto antes para acabar co castigo que implica a prórroga da concesión durante 25 anos até 2048 feita por un Goberno de José María Aznar. Fique claro que, se hoxe temos que seguir pagando por taxas na AP-9, é por decisión do Partido Popular. O que fixo o BNG foi conseguir reducir esas peaxes até 75 % para persoas usuarias habituais. Un acordo que incorpora importantes políticas sociais como a creación de cinco novos xulgados de violencia de xénero en Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol, o aumento das pensións mínimas e non contributivas ou un maior financiamento da Lei de dependencia. Un acordo que prevé avanzar na normalización da nosa lingua e que inclúe o compromiso do Goberno de transferir todas, todas as competencias pendentes.”
“Un acordo de investidura que garante un trato igualitario á Galiza en materia de condonación, compensación da débeda, unha débeda que Núñez Feixoo triplicou de 3700 millóns a máis de 12 000 millóns de euros. Un acordo que prevé un plan integral de mellora e modernización das infraestruturas ferroviarias da Galiza incluída a implantación do Servizo de Cercanías, Tren de Proximidade, nas principais áreas urbanas, acabando así cunha evidente discriminación do noso país. Un acordo que recolle medidas en materia de infraestruturas viarias e que incorporan novas e maiores rebaixas nas peaxes da AP 9 e tamén na AP-53 entre Santiago, Lalín até Ourense.”
“Reclamamos ao Goberno que atúe nesa liña e rexeitamos rotundamente a posición da dereita ultra e da ultradereita que apoia abertamente o xenocidio que está a cometer Israel. Unha dereita ultra e ultra-dereita que o mesmo lexitiman a violación dos máis elementais dereitos humanos na Palestina que deslexitiman os máis básicos principios democráticos no Estado español como infelizmente estamos a ver nestes días. Razón demais para que o BNG optase por unha vía que confronta con esa opción ultraespañolista e reaccionaria, ao tempo que permite avanzar na defensa dos intereses galegos co acordo de investidura que o BNG asinou co Partido Socialista que é un compromiso de futuro do Goberno español con todos os galegos e galegas.”
“Un xenocidio e unha tentativa de limpeza étnica de baleirar totalmente Gaza e Cisxordania para acabar ocupando definitivamente o territorio todo da Palestina. Por iso, avergoña a actitude dunha Unión Europea que xa non pode caer máis baixo na submisión ao imperialismo norteamericano que deu carta branca a Israel para asasinar impunemente. E por iso non é suficiente tampouco co compromiso de recoñecer o Estado palestino. É precisa maior contundencia. Esixir un cesar fogo inmediato, a apertura de corredores humanitarios, deter o comercio de armas con Israel, romper relacións diplomáticas e impulsar, como xa están a facer outros países, que Netanyahu e a cúpula sionista rendan contas diante da Corte Penal Internacional. Isto é o que esixe hoxe a dignidade humana.”
“Grazas, señora presidenta. Con certeza vou falar do meu país, da Galiza. No entanto, permítame que comece hoxe falando de Gaza, na verdade, da Palestina toda. É a dignidade e a solidariedade internacionalista, mesmo a simple humanidade que impela facelo. Pois, para alén de razóns, que son moitas, como seres humanos sentímonos chocados pola brutalidade deshumana desatada por Israel contra Gaza e contra a Palestina, cun masacre continuado, o asasinato de crianzas, máis de 5000 xa e de civís, o bombardeo de hospitais, de escolas, de campos de refuxiados, a destrución de vivendas e de calquera medio do subsistencia. Israel está a cometer á vista de todo o mundo crimes de guerra e de lesa humanidade.”
“Comprometerse en serio —finalizo— con más inversiones, mejores infraestructuras, nuevos y mejores servicios de transporte público ferroviario, -- 14 of 24 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 29 de septiembre de 2023 con la regeneración de nuestras rías, resolución de crisis industrial y transición justa, más política social, una financiación más adecuada y justa, y el fortalecimiento del autogobierno. Usted no lo ha hecho. También en eso ha fracasado, señor Feijóo. Nosotros, el BNG, continuaremos trabajando para conseguirlo. Muchas gracias.”
“¿Disposición del BNG para hablar de las soluciones a los problemas de Galicia? Siempre. ¿Disposición del BNG para participar en un paripé para consumo interno del PP con la participación estelar de VOX? Nunca. Es verdad que olvidar a Galicia a la hora de gobernar no es exclusivo del PP. Hemos denunciado muchas veces que las fuerzas estatales, si las dejan, lo que hacen es alternarse en la discriminación a nuestro país, y esto solo cambia cuando el BNG les obliga a hacerlo. Por eso debo dejar claro que quien quiera el voto del BNG deberá comprometerse en serio con Galicia.”
“Fracasó tanto que incluso parecía sentir nostalgia de su época como presidente de la Xunta, cuando, con unos medios absolutamente controlados —conviene recordarlo hoy, en el 280 viernes negro de Defiende la TVG—, nunca le hacían preguntas incómodas. Tanta nostalgia que incluso se ha debido olvidar de que ya no es presidente de la Xunta y ha avanzado un posible adelanto las elecciones gallegas. No sé qué le parecerá al señor Rueda — aunque ya sabemos que se ha formado, como usted, en una escuela de buenos colonizados acostumbrados a obedecer siempre a Madrid—, pero, se lo advierto, no se admiten devoluciones. Esté tranquilo porque del señor Rueda ya nos ocupamos nosotros. El BNG está preparado para afrontar el desafío de las elecciones gallegas. Se ha quejado de que yo no he querido hablar con usted. Verá, somos una fuerza seria.”
“Señor Feijóo, el resumen de esta investidura es fácil: ha intervenido todo el tiempo que ha querido; pocas propuestas y ninguna concreta; ha ignorado totalmente las necesidades de Galicia; ha descalificado a diestro y siniestro —menos a VOX, claro—, y ha perdido la votación. Más resumido todavía: ha llegado, ha hablado, ha fracasado. Ha fracasado para todo el mundo, menos para la prensa amiga que ha certificado lo que ya sabíamos, que esta investidura fallida tenía exclusivamente un objetivo interno que no era más que parapetarse frente al amigo que comenzará inevitablemente a partir de hoy mismo.”
“Temos denunciado moitas veces que as forzas estatais, se lles deixan, o que fan é alternarse na discriminación ao noso país, e que iso só muda cando o BNG os forza a facelo. Por iso quero deixar claro que quen quixer o voto do BNG terá que se comprometer en serio coa Galiza. Comprometerse en serio, finalizo, con máis investimento, mellores infraestruturas, novos e mellores servizos de transporte público ferroviario, coa rexeneración nas nosas rías, coa resolución da crise industrial e a transición xusta, con máis políticas sociais, cun financiamento máis adecuado e xusto, e co fortalecemento do autogoberno. Vostede non o fixo. Tamén niso fracasou, señor Feixoo. Nós, o BNG, continuaremos traballando para conseguilo. Moito obrigado. Gracias, señora presidenta.”
“Tanta saudade que mesmo debeu esquecer que xa non era presidente da Xunta e avanzou un posíbel adianto das eleccións galegas. Non sei que lle parecerá ao señor Rueda, aínda que xa sabemos que se formou con vostede nunha escola de bos colonizados afeitos a obedeceren sempre a Madrid. Mais xa llo digo: non se admiten devolucións. Estea tranquilo que do señor Rueda ocupámonos nós. Teña claro que o BNG está pronto para o desafío das eleccións galegas. Queixouse de que eu non quixese falar con vostede. Verá: somos unha forza seria. Disposición do BNG para falar das solucións aos problemas de Galiza, sempre. Disposición do BNG para participar nun paripé para consumo interno do PP coa participación estelar de Vox, nunca. É verdade que esquecer Galiza á hora de gobernar non é exclusivo do Partido Popular.”
“Grazas, señora presidenta. Señor Feixoo, o resumo desta investidura é fácil: interveu todo o tempo que quixo, moi poucas propostas e ningunha concreta, ignorou completamente as prioridades da Galiza, descualificou a torto e a dereito, menos Vox, claro, e perdeu a votación. Máis resumido aínda: chegou, discursou, fracasou. Fracasou para todo o mundo menos para a prensa amiga que certificou o que xa sabiamos: que esta investidura fallada tiña exclusivamente un obxectivo interno que non era outro que se parapeitar fronte ao fogo amigo que inevitablemente comezará a partir de hoxe mesmo. Fracasou tanto que mesmo pareceu sentir saudade do seu tempo como presidente da Xunta en que, cuns medios absolutamente controlados, convén lembralo hoxe no 280 venres negro de Defende A Galega, nunca lle facían preguntas incómodas.”
“-- 31 of 48 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 27 de septiembre de 2023 Pero no se preocupe del tema de las mayorías, que en las próximas elecciones gallegas hablaremos. El BNG hoy es la segunda fuerza política del Parlamento gallego, subiendo, y tengo la certeza de que en las próximas elecciones Ana Pontón estará al frente de la Xunta de Galicia. (El señor De Olano Vela: Ya, ya…). Por fin tendremos un Gobierno digno, un Gobierno que merezca el nombre de Gobierno de nuestro país, de nuestra nación. Muchas gracias.”
“Por fin teremos un Goberno digno, un Goberno merecente, de nome de Goberno do noso país, de Goberno da nosa nación. Moito obrigado. … que su deporte favorito es echarle la culpa a los demás de su incapacidad y su mala gestión. Probablemente los demás no lo sepan, pero si meten «Feijóo culpa» en la caja de búsqueda de Google salen más de medio millón de resultados: Feijóo culpa a los ciudadanos, culpa a los gallegos, Feijóo culpa a la industria, Feijóo culpa al Gobierno, Feijóo culpa al profesorado, culpa a los sanitarios… Culpa hasta a VOX, por cierto. Hasta a VOX culpó Feijóo por su fracaso real de hace quince días. Feijóo culpa a VOX de su fracaso. Por cierto, en 2019 ya culpaba también a VOX de que el BNG regresase a este Congreso.”
“Acabo. ... que o seu deporte favorito é botarlle a culpa aos demais da súa incapacidade, da súa mala xestión. Probablemente os demais non o saiban pero, se meten «Feijóo culpa» na caixa de busca de Google, saen máis dun millón de resultados: Feijóo culpa os cidadáns, culpa os galegos, Feijóo culpa a industria, Feijóo culpa o Goberno, Feijóo culpa o profesorado, culpa os sanitarios, culpa até a Vox, por certo, culpou Feijóo do seu fracaso, titular de hai 15 días. Feijóo culpa a Vox do seu fracaso. Por certo, xa no ano 2019 culpara a Vox de que o BNG retornase a este Congreso, pero non se preocupe. Non presuma tanto de maiorías, que nas próximas eleccións galegas falaremos. O BNG é hoxe a segunda forza política do Parlamento galego, e subindo, e eu teño a certeza de que nas próximas eleccións Ana Pontón estará á fronte da Xunta de Galicia.”
“Yo recuerdo que usted, como presidente de la Xunta, en el año 2019 pedía una rebaja del 25 %. Nosotros hemos conseguido el 50 %. ¿Qué han conseguido ustedes, diputados del Partido Popular, en la anterior legislatura? Se lo resumo yo: cero, absolutamente nada para nuestro país. Eso sí, el mérito del Partido Popular está en que sigamos teniendo que pagar la AP-9 entre el 17 de agosto de este año 2023 y el año 2048, si no lo remediamos, gracias a una prórroga del Gobierno del señor Aznar. Los gallegos y gallegas van a tener que agradecerle a usted que sigamos pagando la AP-9. Y las empresas gallegas del eje atlántico, castigadas especialmente por esos peajes, también se lo van a agradecer al Partido Popular. Por lo tanto, deje usted de hacer demagogia. Yo ya sé —si me permite un minuto nada más, señor presidente―…”
“Tendrían que juntar ustedes a un millón de personas para igualar el éxito de Queremos Galego! protestando contra la discriminación de su Gobierno a nuestra lengua en nuestro propio país. Dice usted que el BNG es irrelevante. Claro, ya sé que cuando hay una percepción social contraria ustedes se tienen que esforzar para decir esto, que el BNG es irrelevante, pero le recuerdo una cosa. Más allá de que hoy estén en marcha los trabajos de regeneración de la ría de O Burgo, la comisión ferroviaria con el puerto exterior de A Coruña, se está trabajando en la electrificación y renovación de la línea Ourense- Lugo ―que estaban en ese acuerdo de investidura―, además de eso el BNG consiguió una rebaja histórica de los peajes de la AP-9 muy elevada, de un 60 %, exactamente lo mismo que hemos conseguido ahora con el BNG. ¿Qué han conseguido ustedes?”
“Que yo sepa, ustedes gobernaron en ese período, durante siete años. Tiene ahí a la ministra de Fomento, la señora Pastor. Debería pedirle explicaciones a ella de por qué no se colocó una sola traviesa y no al señor Francisco Rodríguez. Pídale explicaciones a la señora Pastor de por qué ustedes discriminaron a nuestro país en las infraestructuras y lo continúan haciendo. Dice usted que la gente está contenta con su política lingüística. No lo sé, pero yo recuerdo que el 17 de mayo del año 2010 Queremos Galego! juntó en la plaza del Obradoiro de Santiago de Compostela a cien mil personas protestando contra la política lingüística del Partido Popular; cien mil personas en una población de 2,7 millones. Fíjense, ustedes presumían de que cuarenta o sesenta mil ―me da igual― en la plaza Felipe II era un éxito.”
“-- 30 of 48 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 27 de septiembre de 2023 Gracias, señor presidente. Señor Núñez, tengo tres minutos para responderle, pero fíjese en que usted tiene tiempo ilimitado. Si usted ayer no hablaba de los problemas de Galicia fue simplemente porque no quiso, porque no le interesan, porque no le preocupan. Esa es la realidad. Usted mencionó dos veces el apoyo a la industria vasca, me parece muy bien, y no se preocupó de mencionar el apoyo a la industria gallega, a la crisis industrial ya cronificada durante décadas. Usted, además, fue presidente del Gobierno gallego, sin que tampoco se despeinasen lo más mínimo para echar una mano para que no cerrasen empresas y se perdiesen miles de puestos de trabajo en el sector industrial de nuestro país. Habla usted del AVE Coruña-Ferrol.”
“Que conseguiron? Eu lembro que vostede, como presidente da Xunta, no ano 2019 pediu unha rebaixa de 25 %. Nós conseguimos os 50 %. Que conseguiron os 10 deputados do Partido Popular na anterior lexislatura? Resúmollo eu: cero, absolutamente nada para o noso país. Iso si: entre o mérito do Partido Popular está que teñamos que seguir pagando a AP-9 entre o 17 de agosto deste ano 2023 e o ano 2048, se non o remediamos, grazas a unha prórroga do Goberno do señor Aznar. Os galegos e galegas van ter que agradecerlle a vostede que sigamos pagando a AP-9, e as empresas galegas do Eixo Atlántico, castigadas especialmente por esas peaxes, tamén llo van agradecer ao Partido Popular. Por tanto, deixe vostede de facer demagoxia. Eu xa sei, e permítame uns minutos nada máis, señor presidente...”
“Terían que xuntar vostedes 1 000 000 de persoas para igualar o éxito de Queremos Galego protestando contra a discriminación do seu Goberno á nosa lingua no noso propio país. E di vostede que o BNG é irrelevante. Xa sei que, claro, que cando hai unha cousa, que hai unha percepción social contraria, vostedes teñen que forzarse; non paran de dicir iso: que o BNG é irrelevante, pero eu lémbrolle unha cousa: para alén pois de que están en marcha os traballos de rexeneración da ría do Burgo, de que está aí a conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña, de que están traballando na electrificación e modernización da liña Ourense-Lugo, que estaban nese acordo de investidura, o BNG conseguiu unha rebaixa histórica das peaxes da AP-9 do 50 %. Exactamente, a xente agora paga a metade que antes do acordo co BNG. Que conseguiron vostedes?”
“Ten alí a ministra de Fomento, a señora Pastor. Debería pedirlle explicacións a ela de por que non se colocou unha travesa e non ao señor Francisco Rodríguez. Pídalle explicacións á señora Pastor de por que vostedes discriminaron o noso país nas infraestruturas e o continúan facendo. Di vostede que a xente está contenta coa súa política lingüística. Pois non sei. Verá: eu lembro que o 17 de maio do ano 2010 Queremos Galegos xuntou na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela 100 000 persoas protestando contra a política lingüística do Partido Popular. 100 000 persoas nunha poboación de 2,7 millóns. Repare: vostedes presumiron de que 40 ou 60 000, éme igual, na plaza Felipe II era un éxito.”
“Grazas, señor presidente. Señor Núñez, eu teño 3 minutos para responderlle, pero repare que vostede ten tempo ilimitado. Se vostede onte non falou dos problemas de Galiza foi simplemente porque non quixo, porque non lle interesan, porque non lle preocupan. Esa é a realidade. Vostede mencionou dúas veces o apoio á industria vasca. Paréceme moi ben. Non se preocupou de mencionar o apoio á industria galega, á crise industrial xa cronificada durante décadas, en que vostede ademais foi presidente do Goberno galego, sen que tampouco vostede se despeitease nin o máis mínimo para botar unha man para que non pechasen empresas e se perdesen miles de postos de traballo no sector industrial do noso país. Fala vostede do AVE A Coruña-Ferrol. Home, que eu saiba, gobernaron vostedes nese período durante 7 anos.”
“Esta investidura xa fracasou e, por tanto, esa escenificación non vai contar co voto do Bloque Nacional Galego. Moito obrigado. Finalizo, señora presidenta. En As Pontes o en A Cerceda nada de regenerar nuestras rías, nada de transferencia de la gratuidad de la AP-9 o de crear juzgados de violencia de género en nuestro país, para Galicia. Nada de nada. Pero si no lo hizo cuando era presidente del Gobierno gallego tampoco lo va a hacer ahora. Una vez más tendrá que ser el BNG quien hable de las necesidades de los gallegos y las gallegas, porque si no nadie lo hace. Usted ha venido aquí a hacer una escenificación fundamentalmente para consumo interno, para intentar sobrevivir como líder del Partido Popular y que esta investidura no sea su funeral político. Que tenga suerte, pero nosotros en eso no vamos a colaborar.”
“Finalizo, señora presidenta, nas Pontes ou en Cerceda. Nada de rexenerar as nosas rías, nada de transferencia e gratuidade da AP-9 ou de creación dos xulgados de violencia de xénero no noso país. Para a Galiza, nada de nada. Claro que, se non o fixo vostede cando era presidente do Goberno galego, tampouco o vai facer agora. Máis unha vez, aquí ten que ser o BNG quen fale das necesidades dos galegos e galegas porque, se non, ninguén o fai. Vostede veu aquí a desenvolver unha escenificación, fundamentalmente para consumo interno, para tentar sobrevivir como líder do Partido Popular e que esta investidura non sexa o seu funeral político. Que -- 22 of 48 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 27 de septiembre de 2023 teña sorte. Mais nós niso non imos colaborar.”
“Habla, por ejemplo, de subir pensiones y el salario mínimo, pero cuando gobernaron congelaron las pensiones, limitándolas al 0,25 % y evitaron todas las subidas, también insuficientes, del salario mínimo interprofesional. Por tanto, no tiene credibilidad, ninguna credibilidad. Pero lo peor es que ayer certificó usted que sería un país que describe una guía perfectamente de Galicia. Mencionó reivindicaciones de todas las comunidades autónomas, una a una, que asume como compromisos, excepto para Galicia. Es indignante y vergonzoso. Esa es la actitud del Partido Popular con nuestro país. Nada de comprometer más inversiones o infraestructuras, de mejorar del ferrocarril o de implantar las cercanías. Nada.”
“Su discurso de ayer, populista e hipócrita, parece contradictorio con esa trayectoria, pero en esos casos nosotros siempre creemos más en los hechos que en las promesas, y los hechos del Partido Popular hablan por sí solos. Usted hablaba de reforzar la atención primaria cuando deterioró la sanidad pública, sobre todo la atención primaria, a la que le negó los 200 millones que el BNG reclamaba para mejorarla. Habla de fiscalidad justa, cuando en Galicia acaba de certificarse un pelotazo fiscal a los siete mil más ricos, a los que regala 34 millones de euros. Habla de la independencia de las instituciones, cuando convirtió la radiotelevisión de Galicia en un aparato de propaganda popular.”
“Pero si estas dos razones no fueran suficientes —conocemos bien la trayectoria del Partido Popular—, el PP se ha opuesto y se opone a cualquier avance social y de derechos: a la ley del divorcio, del aborto, del matrimonio igualitario o, más recientemente, a la ley de libertad sexual, salud sexual y reproductiva, eutanasia, bienestar animal y también a la que estableció tributos para las energéticas, las eléctricas o la banca y las grandes fortunas. Porque ahí, sí, señor Feijóo, cuando se habla de cosas serias, ustedes nunca se equivocan de bando. Son el partido de la oligarquía y para defender los intereses de los ricos siempre actúan con la máxima coherencia, hay que reconocérselo.”
“Y todavía dirá que es autonomista, pero yo, que no lo soy, y en nombre del BNG, que tampoco lo es, porque defendemos la soberanía de Galicia, le reclamo aquí a usted y al señor Rueda — ayer estuvo de palmero en la tribuna de invitados en vez de estar en el Parlamento de Galicia, como era su obligación— que tengan un mínimo de vergüenza y que cambien de actitud, aunque sé que si no lo hicieran tampoco pasa nada, porque, por suerte, en breve, será el BNG quien tenga la responsabilidad de gobernar en Galicia.”
“Y con respecto al autogobierno su papel ha sido nefasto, y no hablo del derecho a la autodeterminación, porque es un derecho democrático básico; tampoco hablo de que Galicia sea la única prácticamente que no ha modificado su estatuto, hablo más bien de que no utilizó toda la capacidad prevista en él. El balance de su gestión en esa materia es fácil: cero transferencias en trece años y cero competencias reclamadas por usted en ese período.”
“Tenemos el caso paradigmático del Hospital Álvaro Cunqueiro o la desviación de pacientes a la privada, incluidas todas las interrupciones voluntarias del embarazo. También es responsable de políticas contrarias a nuestro idioma. En vez de normalizar, se perdieron hablantes en los últimos quince años de forma acelerada, sobre todo entre los jóvenes, como consecuencia de medidas contra nuestra lengua, como el mal llamado decreto de plurilingüismo que prohíbe, insisto, impartir materias como matemáticas, tecnología o informática en lengua gallega.”
“Pero en su legado también están los servicios públicos: ni una sola residencia pública para personas mayores construida en sus trece años de Gobierno. Puede que prefiera que las empresas del Partido Popular hagan negocio. Por ejemplo, DomusVi fue involucrada en malas praxis durante la pandemia. Usted se negó a investigar. Ahora ya tiene algo más en común con la señora Ayuso. Educación. Cerró 138 centros de enseñanza pública —uno de cada diez— y recortó un 4,5 % el profesorado público, nutriendo en un 5 % los empleos de profesorado en la privada; incluso este año subvencionaron escuelas que segregan por sexo. Y recortó en la sanidad pública para engordar el negocio en la sanidad privada.”
“Por unas políticas económicas nefastas que provocaron el cierre de muchas empresas, explotaciones agrarias y ganaderas y el desguace de barcos. Durante su Gobierno desaparecieron la mitad de las empresas innovadoras y cayó la inversión en I+D+i al 0,97 %, inferior al 1,04 de 2008, más bajo que la media estatal, una enorme diferencia con la europea, que se sitúa en el 2,2 %. En resumen, Galicia perdió más de cuarenta mil empleos durante su Gobierno, sin que a usted pareciera preocuparle. En consecuencia, no avanzamos en convergencia ni con el Estado ni con la Unión Europea, todo lo contrario. Y sí, a pesar de -- 21 of 48 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 27 de septiembre de 2023 que ayer lo negara, la deuda pública en Galicia se triplicó en ese periodo: de 3954 millones de euros en 2008 a 11 300 en 2022.”
“Si usted fuera elegido, que no lo será, no vacilaría en aplicar medidas contrarias a los intereses de nuestro país, como, dicho sea de paso, no vacilaron nunca los diputados y las diputadas del PP en votar en contra de los intereses de Galicia siempre que gobernó su partido en Madrid. Segunda razón. Conocemos bien sus políticas, porque las sufrimos durante trece años. Sabemos perfectamente cuál es el legado de Feijóo en Galicia. En 2022 dejó un país peor de lo que lo encontró en 2009, más empobrecido, envejecido y precarizad. Dejó tras de sí una sangría demográfica, que es letal para el futuro de nuestro país: 105 000 habitantes menos entre 2009 y 2022; 375 000 personas emigraron por falta de oportunidades laborales y una vida digna en su propio país. ¿Y todo esto sabe por qué?”
“Recordamos cómo se les robaron derechos a los trabajadores con la reforma laboral del año 2012, que, por desgracia, no fue derogada por el actual Gobierno de PSOE-Sumar, precisamente esos aspectos más lesivos y represivos. Recordamos también cómo para hacer frente al descontento y las protestas promovió una involución en forma de ley mordaza, que tampoco ha sido derogada por el actual Gobierno PSOE-Sumar. Esto impactó más en las clases populares de Galicia, cuyas pensiones y salarios están entre las más bajas del Estado español, así como sus indicadores socioeconómicos y de bienestar. Así que, siendo de la derecha rancia del Partido Popular, señor Feijóo, esto no es una garantía para Galicia, esto es una certeza de políticas antigallegas.”
“Para eso sirvió tener durante siete años un presidente nacido en Galicia, además de todas las políticas antisociales y de recortes que aplicó el señor Rajoy y que contribuyeron a ensanchar las desigualdades sociales —la minoría privilegiada acabó siendo más rica, mientras sacrificaban a las mayorías sociales— o, visto desde la perspectiva gallega, políticas que ampararon a los intereses de la oligarquía española, mientras se condenaba a las clases populares gallegas al empobrecimiento y la precariedad. Recordamos cómo se rescató a la banca con dinero público, se congelaron los salarios de los empleados públicos y las pensiones, a la vez que se incentivaba el recorte de salarios y de las pensiones, para gran lucro de la banca y las aseguradoras.”
“Verá, el problema es que ya tenemos la experiencia de un presidente gallego, ¿y sabe cuál es su principal mérito respecto a Galicia? Se lo digo: bajar las inversiones en nuestro país de más de los 2000 millones a la mitad las inversiones en Galicia, un país con el que el Estado tiene una deuda histórica, con un déficit sistemático en inversiones, infraestructuras, equipamientos y servicios.”
“No sé si usted se sentirá especialmente cómodo con la reivindicación de su galleguidad. Lo digo porque con seguridad esto no va a agradar mucho al núcleo duro de la derecha más rancia españolista de los cenáculos madrileños, que incluso le han acusado en alguna ocasión nada menos que de nacionalista gallego, porque es evidente que cualquier manifestación de galleguidad choca con esa idea de la España una que muchos todavía alimentan, las mismas personas que quizás todavía no le han perdonado que en un descuido en el año 2014 dijera que Galicia es una nación sin Estado, que lo es, claro que lo es. Pero usted sabrá que el Partido Popular de Galicia apeló al BNG a votar por usted alegando lo positivo que sería para nuestro país contar con un presidente gallego del Gobierno español.”
“Mais o peor é que onte certificou vostede que sería un presidente que discriminase sen problema a Galiza. Vostede mencionou reivindicacións de todas as comunidades autónomas unha a unha, que asumen como compromisos, excepto da Galiza. É indignante e vergoñento. Esa é a actitude do Partido Popular co noso país. Nada de comprometer máis investimento, mellores infraestruturas, de mellorar o ferrocarril, implantar as cercanías, nada de atender a crise industrial e a transición xusta... Gracias, señora presidenta. Señor Feijóo, el BNG no va a apoyar su investidura como presidente del Gobierno español. Esto supongo que no le coge ni a usted ni a nadie por sorpresa, así que hoy lo importante no es el qué, sino el porqué. Voy a intentar explicar con rigor nuestras razones, que son muchas.”
“Falaba vostede de reforzar a atención primaria cando na Galiza deteriorou a sanidade pública, especialmente a atención primaria, a quen negou os 200 millóns que o BNG reclamaba para mellorala. Fala de fiscalidade xusta cando o PP na Galiza acaba de certificar un pelotazo fiscal aos 7000 máis ricos, aos que regala 34 millóns de euros. Fala de independencia das institucións, cando converteu vostede a Radio e Televisión de Galicia nun aparello de propaganda do Partido Popular. -- 20 of 48 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 27 de septiembre de 2023 Fala, por exemplo, de subir pensións e salario mínimo, mais cando gobernaron conxelaron as pensións ou limitáronas a 0,25 e criticaron todas as súas subas, para o BNG insuficientes, as subidas tamén do salario mínimo interprofesional. Por tanto, non ten credibilidade, ningunha credibilidade.”
“O PP opúxose e oponse a calquera avance social e de dereitos: opúxose á lei do divorcio, á do aborto, á do matrimonio igualitario ou, máis recente, á lei de liberdade sexual, á de saúde sexual e reprodutiva, á da eutanasia, á de benestar animal, e claro, á que estableceu tributos para as eléctricas, as enerxéticas, a banca ou as grandes fortunas, porque aí ai, señor Feixoo, cando se fala de cousas serias, vostedes nunca se enganan de bando; son o partido da oligarquía en defender os intereses dos ricos, sempre actúan coa máxima coherencia. Hai que recoñecérllelo. O seu discurso de onte, populista e hipócrita, parece contraditorio con esa traxectoria mais, neses casos, nós sempre cremos máis os feitos que as promesas, e os feitos do Partido Popular falan por si sos.”
“Cero transferencias en 13 anos, cero competencias reclamadas por vostede nese período. E aínda dirá que é autonomista. Pois olle, eu que non o son, en nome do BNG, que tampouco o é, porque defendemos a soberanía da Galiza, reclámolle aquí a vostede e ao señor Rueda, que onte estivo de palmeiro na tribuna de convidados, en vez de estar, como era a súa obriga, no Parlamento de Galiza, que teñan un mínimo de vergoña e muden de actitude, aínda que sei que, se non o fixeren, tampouco pasa nada porque felizmente, en breve, será o BNG quen teña a responsabilidade de gobernar a Galiza. Mais é que, se estas dúas razóns non fosen suficientes, coñecemos ben a traxectoria do Partido Popular.”
“(?) tamén responsábel por políticas contrarias ao noso idioma e que, lonxe de avanzar na normalización, perdeu falantes de forma acelerada nos últimos 15 anos, especialmente entre a xente nova, como consecuencia de medidas contra a nosa lingua como o mal chamado «decreto de plurilingüismo» que prohibe, prohibe, insisto, impartir materias como matemática, física e química ou tecnoloxía en lingua galega. E aínda en relación co autogoberno, o seu papel foi nefasto. Non estou a falar do dereito da autodeterminación, que podería, porque é un dereito democrático básico. Non estou a falar tampouco de que a Galiza sexa case a única que non modificase o seu estatuto. Non, estou a falar de que nin sequera utilizou toda a capacidade prevista nela. O balanzo da súa xestión nesta materia é fácil.”
“Por exemplo, Domus Vi, involucrada en mala praxe durante a pandemia e que vostede se negou a investigar. Olle, xa ten algo máis en común coa señora Ayuso. En Educación fechou 138 centros de ensino público, 1 de cada 10, e recortou 4,5 % do profesorado na pública en canto no ensino privado, o que nutriu xenerosamente con diñeiro público, se incrementou un 5,5 %. Até este mesmo ano subvencionaron vostedes escolas que segregan por sexo. Recortou na sanidade pública para engordar o negocio na sanidade privada. E temos o caso paradigmático do Hospital Álvaro Cunqueiro. O desvío sistemático de pacientes á privada, incluídas todas, todas as interrupcións voluntarias do embarazo.”
“Durante o seu Goberno desapareceron a metade das empresas innovadoras e caeu o investimento en I+D+i a 0,97 % inferior a 1,04 % de 2008, máis baixo que a media estatal e unha enorme diferenza da europea que se sitúa en 2,2 %. En resumo, a Galiza perdeu máis de 40 000 empregos durante os seus Gobernos sen que a vostede parecese preocupalo. En consecuencia, non avanzamos na converxencia nin co Estado nin coa Unión Europea, ao contrario. E si, a pesar de que aínda onte o negase, a débeda pública na Galiza foi triplicada por vostede nese período. De 3954 millóns de euros en 2008 a 11 314 en 2022. Mais o seu legado tamén nos deixa peores servizos públicos. Nin unha soa residencia pública para persoas de idade construída nos seus trece anos de Goberno. Se callar porque prefire que as empresas amigas do Partido Popular fagan negocio coa vellez.”
“Segunda razón: nós coñecemos ben as súas políticas porque as padecemos durante 13 anos. Sabemos perfectamente cal é o legado de Feixoo na Galiza. Vostede deixou un país en 2022 peor do que encontrou en 2009: máis empobrecido, máis envellecido, máis precarizado. Vostede deixa detrás de si unha sangría demográfica que é letal para o futuro do noso país: 105 000 habitantes menos entre 2009 e 2022. 375 000 persoas que emigraron por falta de oportunidades laborais e vida digna no propio país. E todo isto sabe por que? Pois por unhas políticas económicas nefastas que provocaron o fechamento de numerosas empresas, explotacións agrarias e gandeiras, e o despezamento de barcos.”
“E sabemos como iso impactou máis nas clases populares dun país como a Galiza que ten das pensións e dos salarios máis baixos e que, en xeral, ten os indicadores socioeconómicos e de benestar máis baixos do Estado español. Ou sexa, señor Feixoo, que ser galego, sendo da dereita rancia do Partido Popular, non só non é garantía de nada para Galiza, senón máis ben certeza de políticas antigalegas. Non teño dúbidas de que, se vostede fose elixido, que non o será, non vacilarían en aplicar medidas contrarias aos intereses do noso país como, dito sexa de paso, non vacilaron nunca -- 19 of 48 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 27 de septiembre de 2023 os deputados e deputadas do PP en votar en contra dos intereses de Galiza sempre que o seu partido gobernou en Madrid.”