Néstor Rego Candamil
Grupo Parlamentario Mixto · Spain
“Que la Comisión Mixta de Transferencias es el mecanismo habitual para concretar aquello que, con carácter general, se establece en la ley y, en segundo lugar, que queda clara la responsabilidad del Estado español y que la Xunta de Galicia no tendrá que asumir más que las consecuencias de sus propias decisiones una vez que sea titular de l…”
“Curiosamente, nesa altura, nese debate, o señor Pedro Puy interveu aquí na anterior ocasión en que debatemos sobre a transferencia da AP-9, era portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia e expresamente reclamou ao resto das forzas políticas eliminar todas as esixencias económicas para evitar darlle un -- 70 of 158 -- PLENO Y DIP…”
“Pero en el caso de Galicia es resultado de una infrafinanciación crónica, de un sistema de financiación que es profundamente injusto con nuestro país y también, -- 126 of 158 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 23 de julio de 2026 por qué no decirlo, por la mala gestión del PP.”
“Una reivindicación que en 2014 se registró en forma de proposición de ley, en diciembre de ese año en el Parlamento de Galicia, que terminó siendo debatida y aprobada en la primavera de 2016.”
“Porque vostede entenderá que se o goberno foi capaz de sacar nun único consello de ministros dunha modificación de crédito de10 400 millóns de euros para gasto militar, non nos vai convencer de que non pode sacar 1000 ou 1500 millóns de euros para darlle un impulso á modernización das infraestruturas ferroviarias, tal e como teñen comprom…”
“Hoxe é a proba do algodón. Se o Partido Popular está a favor desa transferencia poden votar a favor, mais xa sabemos que non o van facer porque xa votaron dúas veces en contra, buscando pretextos falsos, valéndose da mentira e da manipulación para xustificar máis unha traizón a Galiza, como despois farán, por certo, coa débeda, coa quita…”
The complete record
Every one of 3,309 lines we hold for Néstor Rego Candamil, in date order, each linked to its source. Free to read, in full, without an account. Page 67 of 67.
“Infelizmente, o balance dos últimos anos na Galiza é dunha perda acelerada de falantes especialmente entre a xente máis nova que pasou neste período por un sistema educativo que o Partido Popular foi configurando como un instrumento de españolización seguindo aquela máxima do infausto ministro Wert. Por iso, aínda que saiba que será como mallar en ferro frío, por tanto con pouco optimismo sobre o resultado, quero pedir ao señor Núñez Feijóo e ao Partido Popular que muden de posición e que apoien esta iniciativa. Eu sei, vostedes saben que a maioría dos votantes do PP na Galiza son galegofalantes e que a inmensa maioría, use ou non no día, sente a lingua galega como propia, porque o é. Se hoxe votan en contra, estarán traizoando o seu propio electorado.”
“Claro que xa coñecemos de vello as políticas lingüísticas do Partido Popular. O señor Núñez Feijóo ten no seu haber a dubidosa honra de lexislar contra o galego cun mal chamado Decreto de plurilingüismo do ano 2010 que, entre outras cousas, prohibe impartir aulas de matemáticas, de física e química ou de tecnoloxía en galego, negando desta forma a rapaces e a rapazas seren escolarizados na súa lingua, porque disto é de que se trata: de recoñecer dereitos en vez de negalos. E reparemos no aparente paradoxo de que quen apela con frecuencia a liberdade de lingua é sempre quen está pronto para prohibir o galego e impor o castelán.”
“Non nos sorprende, claro, que a ultradereita españolista se opoña a esta modificación do Regulamento do Congreso, porque de facto oponse a todo avance social democrático ou de dereitos. Lamentamos, no entanto, que o Partido Popular, que os deputados e deputadas galegas do Partido Popular vaian votar hoxe máis unha vez en contra da lingua do seu país, e digo máis unha vez porque xa o fixeron na pasada cuarta feira no Parlamento da Galiza e, sinceramente, é indigno que quen exerce como presidente do Goberno galego que, lembrémolo, ten a obriga legal de defender a nosa lingua, estea en contra de que gañe novos espazos de uso. É deshonroso que renegue da lingua do seu pobo, e é indecente que hoxe aquí quen exerceu durante 13 anos como presidente da Xunta da Galiza vaia votar en contra do galego.”
“Polo contrario, queremos que sexa un acicate para continuar avanzando, que se torne unha chamada de atención para o propio Estado impulsar decididamente a normalización do galego no seu ámbito, na Administración, na Xustiza, nos medios de comunicación estatais; unha esixencia para o Goberno galego cumprir o seu compromiso legal de normalizar a nosa lingua e un apelo ao conxunto da sociedade galega para asumirmos colectivamente o compromiso de que o galego, como quixo Cunqueiro, goce de mil primaveras máis. Estamos conscientes de que a alegría que hoxe sentimos, que con certeza sente a inmensa maioría do pobo galego, non é partillada por aqueles que se empeñan sempre en que retrocedamos en dereitos. E eu quero lembrar que utilizar a propia lingua, e que ningunha persoa sexa discriminada por iso, é tamén un dereito humano fundamental.”
“A lingua común cos falantes de galego, do Bierzo, -- 20 of 42 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 19 de septiembre de 2023 do Eo-Navia, das Portelas ou dos tres concellos do Val do Xálima, a lingua común cos falantes de Coímbra, de Luanda, do Río de Xaneiro ou de Díli, no afastado Timor-Leste. Porque nós, os galegos e galegas, temos, como ben dixo Castelao, unha lingua extensa e útil mais, seguindo o seu propio razoamento, chegaríalle con ser a lingua do pobo traballador galego que a creou e a conservou para estar dignificada de por si e ser unha cédula de universalidade: a nosa maneira de entender e de estar no mundo. Por iso quero deixar claro que o que hoxe aquí acontece con ser moi relevante non é o fin de nada.”
“Hai apenas un ano a maioría parlamentaria neste Congreso rexeitou a proposta de reforma do regulamento que defendemos as forzas soberanistas das nacións sen Estado. Alegrámonos, claro, de que, axustándose á demanda dos tempos, houbese mudanzas de posición que permitan que hoxe exista outra maioría parlamentaria para impulsar e aprobar esta reforma. Quero lembrar tamén que hai hoxe 92 anos, a 18 de setembro de 1931, Castelao realizaba a súa primeira intervención nas Cortes da República cun brillante discurso en defensa da Galiza e do galego, e o BNG que se sente lexítimo e orgulloso herdeiro de Daniel Castelao e do Partido Galeguista da República tamén o está da persistencia e da constancia do pobo galego no mantemento e defensa da súa lingua, da lingua que nos une como pobo. A nosa lingua común.”
“Porque é evidente ademais que este feito alcanza un valor referencial para as persoas falantes de galego, para todas as que traballan decotío pola normalización da nosa lingua e para todo o noso pobo que se verá reafirmado na súa autoestima colectiva. Por iso nos orgullamos de ter contribuído a este paso que hoxe damos, precisamente no mesmo día en que se debate a oficialidade na Unión Europea. Foi, con certeza, un longo camiño. O BNG, xunto coas organizacións soberanistas de Euskal Herria e Cataluña levan moitos anos reclamando o uso do galego, euskera e catalán no Congreso. De facto, nunha resposta a unha iniciativa ao deputado Francisco Rodríguez, o Goberno sinalaba no ano 2006 que o Congreso tiña plena capacidade autoorganizativa para permitir o uso do galego nos debates. Porén, terían que pasar aínda 17 anos para facelo realidade.”
“Certo é que, como salientaba na intervención en defensa dunha proposta similar a esta que nove forzas políticas trouxemos ao Congreso en xuño de 2022, onde queremos ver normalizada a nosa lingua é na Galiza, mais tamén que deputados e deputadas poidamos empregar aquí a lingua das persoas que nos elixiron encerra un valor simbólico innegábel e, para alén do máis, con consecuencias prácticas, e o recoñecemento en serio da realidade plurilingüe do Estado, por tanto tamén da necesidade de avanzar no contributo desde a Administración estatal para a plena normalización das nosas linguas, como aliás establece a Carta Europea das Linguas que o Estado español ten asinado.”
“É o recoñecemento práctico de que neste Estado convivimos nacións e pobos que temos lingua propia e que temos tamén o dereito a poder utilizala sempre en condicións de igualdade cos falantes de español, que temos, en definitiva, o dereito a normalizar o uso do galego.”