Néstor Rego Candamil
Grupo Parlamentario Mixto · Spain
“Que la Comisión Mixta de Transferencias es el mecanismo habitual para concretar aquello que, con carácter general, se establece en la ley y, en segundo lugar, que queda clara la responsabilidad del Estado español y que la Xunta de Galicia no tendrá que asumir más que las consecuencias de sus propias decisiones una vez que sea titular de l…”
“Curiosamente, nesa altura, nese debate, o señor Pedro Puy interveu aquí na anterior ocasión en que debatemos sobre a transferencia da AP-9, era portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia e expresamente reclamou ao resto das forzas políticas eliminar todas as esixencias económicas para evitar darlle un -- 70 of 158 -- PLENO Y DIP…”
“Pero en el caso de Galicia es resultado de una infrafinanciación crónica, de un sistema de financiación que es profundamente injusto con nuestro país y también, -- 126 of 158 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 23 de julio de 2026 por qué no decirlo, por la mala gestión del PP.”
“Una reivindicación que en 2014 se registró en forma de proposición de ley, en diciembre de ese año en el Parlamento de Galicia, que terminó siendo debatida y aprobada en la primavera de 2016.”
“Porque vostede entenderá que se o goberno foi capaz de sacar nun único consello de ministros dunha modificación de crédito de10 400 millóns de euros para gasto militar, non nos vai convencer de que non pode sacar 1000 ou 1500 millóns de euros para darlle un impulso á modernización das infraestruturas ferroviarias, tal e como teñen comprom…”
“Hoxe é a proba do algodón. Se o Partido Popular está a favor desa transferencia poden votar a favor, mais xa sabemos que non o van facer porque xa votaron dúas veces en contra, buscando pretextos falsos, valéndose da mentira e da manipulación para xustificar máis unha traizón a Galiza, como despois farán, por certo, coa débeda, coa quita…”
The complete record
Every one of 3,309 lines we hold for Néstor Rego Candamil, in date order, each linked to its source. Free to read, in full, without an account. Page 52 of 67.
“Que sentido ten que continuemos pagando e sacrificando o noso futuro e o noso desenvolvemento para satisfacer a ambición de maiores lucros por parte de empresas que mesmo levan eses lucros non só fóra da Galiza, como xa é habitual, senón tamén fóra do Estado español? Esta, señor ministro, é unha cuestión de vontade política, mais tamén, como dicía, unha cuestión de xustiza, de reparar unha discriminación coa Galiza que ten un custo moi importante en termos de desenvolvemento e de benestar. Mais implica tamén atender unha demanda maioritaria da sociedade galega. Non é falar por falar. Reparen que todas as forzas políticas con representación no Parlamento da Galiza coinciden nisto, incluído o seu propio partido, polo menos na Galiza, non?”
“Existen, por outra parte, precedentes de casos similares, por exemplo, en Italia, que xa foron resoltos anulando a concesión. Por tanto, señor ministro, a reclamación que hoxe trae aquí o BNG, partillada maioritariamente pola sociedade galega, de que deixemos de pagar a estafa legalizada que implican as portaxes da autoestrada do Atlántico non só é socialmente xusta, senón que ademais se axusta á legalidade. Van ter que facelo si ou si, de modo que fágano xa por vontade propia e non obrigados. Onte, por certo, coñeciamos que a última parte de capital que estaba en mans de empresas do Estado español deixou de estalo ó vender Globalvia a súa parte de Itínere, da xestora de Audasa, ó fondo holandés APG.”
“Mais advertimos, e así quedou establecido no acordo de investidura, que non nos conformabamos con esta medida de abaratar as peaxes ós usuarios e usuarias recorrentes da AP-9. Positiva, mais non suficiente. O noso obxectivo sempre foi e continúa sendo que a AP-9 pase a ser unha autoestrada libre de peaxe. E cremos que, para alén de non nos faltaren razóns, que xa expuxen, tampouco nos falta a razón xurídica, porque no ano 2021 a Unión Europea abriu un expediente de infracción ó Estado español por considerar que as prórrogas da AP-9 se produciron de forma ilegal ó non cumpriren o principio de concorrencia competitiva. Máis recentemente, neste mesmo ano, non hai moito, a UE abriu un novo expediente de infracción ó Estado español polo mesmo motivo.”
“Por tanto, señor ministro, e, aínda que este non sexa o asunto central da interpelación, aproveito para urxir ó Ministerio a que poña en marcha canto antes os descontos acordados. Entre outras cousas, non facelo é deixar a porta aberta á demagoxia infinita do Partido Popular, que obvia as súas responsabilidades na prórroga da concesión ou mesmo na sinatura dun convenio en 2013 por parte de quen era na altura ministra de Fomento, Ana Pastor, que, xunto con outro de 2011 de Xosé Blanco, obriga a unha compensación do 1 % por riba do IPC. E todos os meses de xaneiro critica o Partido Popular a suba das portaxes como se fose culpa do BNG. Como digo, demagoxia e hipocrisía infinitas.”
“Xa explicamos por que nalgunha non foi posíbel. Levamos tamén a proposta de liberar de peaxe a AP-9 a todos os foros de negociación. En todo caso, conseguimos que o Goberno se comprometese con bonificacións para os usuarios e usuarias habituais ou recorrentes, bonificacións que xa están en vigor desde o ano 2021 e que chegan ó 60 % das tarifas establecidas. Quero dicir máis unha vez que se aínda pagamos portaxes é culpa do PP, se pagamos menos é grazas ó BNG. Mesmo conforme ó establecido no último acordo de investidura, vostede sábeo, señor ministro, as bonificacións deben ser aumentadas aínda até o 75 % e seren aplicadas tamén na AP-53. Por certo, outra autoestrada cunha concesión de longa duración, de 75 anos tamén, por obra e graza do Partido Popular.”
“Por certo, agora xa totalmente de capital foráneo ó Estado español, en mans de -- 44 of 53 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 29 de mayo de 2024 fondos voitre á conta de que os galegos e galegas continuemos pagando relixiosamente as peaxes e sacrificando o noso desenvolvemento social e económico. Para ser máis claros, para dicilo de maneira máis clara, se continuamos pagando peaxes desde agosto do ano 2023 é por culpa dunha decisión antisocial e antigalega do Partido Popular. O BNG leva moito tempo reclamando pór fin a concesión, moito tempo reclamando unha AP-9 galega e libre de portaxes. Impulsamos iniciativas neste sentido en todas as institucións. No Parlamento da Galiza xa en catro ocasións a nosa proposta para a transferencia da AP-9 ó noso país foi acordada por unanimidade e debatida neste Congreso en dúas.”
“Tivemos a desgraza, e xa lle digo que este tipo de desgrazas son, infelizmente, habituais nun país politicamente dependente como o noso, como Galiza, de que gobernantes insensatos e insensíbeis co noso país tomasen a decisión de prorrogar a concesión dunha infraestrutura xa suficientemente amortizada pola que os galegos e galegas levamos pagando moito tempo. Primeiro, un Goberno de Felipe González do Partido Socialista prorrogou a concesión durante dez anos, entre 2013 e 2023. Máis adiante, no ano 2000, un Goberno de Aznar do Partido Popular fixo unha nova prórroga entre o ano 2023 e 2048, nin máis nin menos que de 25 anos, ou o que é o mesmo: regalaron un negocio seguro durante máis de dúas décadas a unha empresa como Audasa, que fora pública, privatizada polo PP de Aznar no ano 2003 por mil millóns de euros.”
“Estas son tamén as razóns fundamentais polas que o BNG rexeita a implantación de peaxes nas autovías, unha medida que, polo menos en canto non se poña en marcha un sistema de transporte público de pasaxeiros e mercadorías eficaz, sería claramente antisocial e antigalega. Mais a esta razón debemos engadir aínda unha cuarta realmente importante: o mantemento das peaxes na AP-9 representa non só un castigo para todos os galegos e galegas, senón unha clara discriminación coa Galiza. Por que? Moi sinxelo: todas as autoestradas da xeración da AP-9 hoxe están libres de peaxe unha vez que caducou a cesión ou estarano proximamente. Reparen, só en setembro de 2021 ficaron libres de peaxe máis de 600 quilómetros de autoestradas, a maioría en Cataluña. No caso da autoestrada do Atlántico, a concesión inicial de corenta anos finalizou no ano 2013.”
“En primeiro lugar, porque no noso país, na Galiza, carecemos dun sistema de transporte público á altura das necesidades que estruture a mobilidade interna de forma racional, tanto para pasaxeiros como para mercadorías. En segundo lugar, pola nosa peculiar forma de habitar o territorio, cunha poboación dispersa que acentúa a dependencia do vehículo privado. E, en terceiro lugar, porque temos unha posición xeograficamente periférica na península e en Europa, o que, combinado cos aspectos anteriores, fainos practicamente cativos do transporte por estrada, especialmente as empresas galegas que queren mover os seus produtos ou sacalos fóra do noso país.”
“Á partida, porque a autoestrada do Atlántico funciona como un eixo ó redor do cal se articula o territorio con máis do 70 % da poboación da Galiza, os tres aeroportos, todos os portos de interese xeral e tamén a maior parte da actividade económica empresarial do noso país. Por tanto, que un elemento de mobilidade tan central sexa unha vía de pagamento coas portaxes máis altas do Estado español é un evidente problema non só para os usuarios e usuarias particulares, senón tamén para as empresas que ven gravados os custos de produción e de distribución como consecuencia do pagamento das peaxes. Isto vese agravado por tres feitos.”
“E, ó mesmo tempo, será debatida a moción que corresponde a esta interpelación, que o que busca é pór final á concesión e que a autoestrada do Atlántico pase a ser galega e libre de peaxe. Eu entendo que haxa quen fique sorprendido ou sorprendida de que unha infraestrutura viaria sexa asunto recorrente nos debates políticos, quer no Parlamento da Galiza, quer neste Congreso, mais, na realidade, é fácil de entender, pois vémolo como un dos principais problemas sociais, económicos e políticos da Galiza. Mesmo diría como unha cuestión de xustiza ou, se o preferiren, como un símbolo da inxustiza coa que o Estado trata o noso país.”
“Grazas, señora presidenta. Señor ministro, hoxe volvemos falar da AP-9 neste Congreso. Máis unha vez, o BNG trae aquí esta cuestión tan importante para o noso país. E xa avanzo que no próximo pleno teremos AP-9 por partida dupla, na medida na que a representación institucional do Parlamento de Galiza virá aquí defender máis unha vez a transferencia ó noso país desta infraestrutura. Esperamos que esta sexa de verdade a boa, despois de incumprimentos sistemáticos tanto por parte do Partido Popular, que mesmo chegou a impedir o debate parlamentario cando Ana Pastor era presidenta do Congreso, como do Partido Socialista, que bloqueou a lei na lexislatura anterior.”
“Usted habló de las declaraciones de Garamendi, pero por lo visto su partido, su ministerio, prefiere hablar con él que con la Confederación Intersindical Gallega. Usted ha hablado de las maldades de la reforma laboral del Partido Popular, pero su ministerio no la ha derogado, y debe hacerlo. Usted ha hablado de que el conflicto ahora es entre salarios y beneficios, quizás para evitar hablar de plusvalía, para evitar hablar de lucha de clases. ¿Dónde queda el marxismo? Da la impresión de que ustedes ya se sacaron definitivamente a Marx de la cabeza. En todo caso, nosotros votaremos a favor, pero exigimos que ustedes sean los primeros en utilizar esa información correcta, por ejemplo, como decía, de los datos que facilita Eurostat para establecer el salario mínimo interprofesional. Lo contrario sería inaceptable. Muchas gracias.”
“Todavía están a tiempo de revertir los recortes en las pensiones y la jubilación establecidos en los años 2011 y 201, de recuperar la edad de jubilación a los sesenta y cinco años y de no penalizar las carreras largas de cotización, cuarenta o incluso treinta y cinco años, o de revertir aquellas que de forma más reciente ha introducido este Gobierno que se llama progresista, como el aumento del periodo de cálculo hasta veintinueve años, que hará que las personas de menos de cincuenta años cobren mucho menos de pensión. Renunciar a la privatización que abren los planes de pensiones de empresas o mejorar los coeficientes reductores en profesiones de mayor riesgo son cuestiones que todavía pueden y deben hacer.”
“En esta materia no solo no respetan la pluralidad sindical, la representación elegida por los trabajadores y las trabajadoras gallegas, o en el País Vasco ELA o LAB, sino que están incumpliendo el artículo 27 del Estatuto de los Trabajadores y las trabajadoras, que exige la previa consulta con las organizaciones sindicales y las asociaciones empresariales más representativas. El Gobierno todavía está a tiempo de cumplir con sus compromisos con la ciudadanía, como el de la verdadera derogación de la reforma laboral antisocial del Partido Popular del año 2012 —realmente no la han hecho— o como el del restablecimiento de derechos para los trabajadores y las trabajadoras, por ejemplo, recuperando los cuarenta y cinco días de indemnización por despido improcedente.”
“Además, debería ser el Gobierno el que diese ejemplo, no solo en la disponibilidad y veracidad de los datos en la negociación colectiva, sino también en la utilización de los organismos y canales institucionales en el que tienen presencia todas las fuerzas sindicales más representativas, según lo establecido en la Ley Orgánica de Libertad Sindical. Ustedes siguen con el llamado diálogo social, que lo que realmente significa es escoger previamente con quién dialogar, en vez de respetar la legalidad y negociar con todas las centrales legalmente más representativas. Este es el caso de la CIG, la primera central sindical de Galicia, que, en función de eso, tiene representación en un organismo institucional que ustedes nunca utilizan como es el Consejo Económico y Social del Estado.”
“Así pues, los datos hechos públicos por el organismo europeo confirman que el Estado español sigue incumpliendo el contenido del artículo 4.1 de la Carta Social Europea, motivo que ha llevado a la Confederación Intersindical Gallega a presentar una reclamación colectiva ante el Comité Europeo de Derechos Sociales. Fíjense, señores y señoras de SUMAR, si es importante utilizar la información económica correcta y fiable. Entre otras cosas, obligaría a su Gobierno y a su ministerio a revisar al alza el salario mínimo interprofesional y, de paso, a explicar por qué en esto han preferido la propaganda a la realidad.”
“El Gobierno español, el Ministerio de Trabajo, en manos de -- 42 of 71 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 28 de mayo de 2024 SUMAR, presume de que ya ha cumplido este compromiso al firmar la Carta Social Europea, pero es falso. El Real Decreto 145/2024 establece para este año un importe de 15 876 euros de salario mínimo. Sin embargo, según los datos publicados por Eurostat, el salario medio bruto anual en 2023 en el Estado español fue de 30 237, 38 euros. Esto significa que el SMI aprobado para 2024 representa solo el 52,5 % del salario medio, cuando debería ser, por lo menos, de 18 148, 42 euros al año o 1295,82 euros al mes en catorce pagas.”
“Esta PNL aborda la necesidad de avanzar en la mejora de la información económica necesaria para facilitar el adecuado desarrollo de la negociación colectiva. Desde luego, el BNG considera que disponer de información suficiente, veraz y actualizada es fundamental para que los trabajadores puedan avanzar en la conquista de derechos y de mejores condiciones laborales y salariales. Sin embargo, entendemos que es clave no solo de cara a la negociación colectiva, sino para toda la actividad, actualizaciones y normativa promovida por el Gobierno y, especialmente, por los ministerios de Trabajo y de Seguridad Social. Un ejemplo muy claro lo tenemos en relación con el establecimiento del salario mínimo interprofesional, una cuantía equivalente al 60 % del salario medio.”
“Vostede falou das maldades da reforma laboral do Partido Popular, mais o seu Ministerio non a derrogou realmente e debe facelo. Vostede falou de que agora o conflito é entre salarios e beneficios, se callar para evitar falar de plusvalía, para evitar falar de loita clases, onde fica o marxismo. Dá a impresión de que vostedes xa arrombaron definitivamente a Marx na gabeta. En todo caso, nós votaremos a favor, mais exiximos que vostedes sexan os primeiros a utilizar esa información correcta, por exemplo, como dicía, os datos que facilita o Eurostat, para establecer o salario mínimo interprofesional. O contrario é inaceptábel. Moitísimo obrigado. Gracias, señora presidenta. Buenas tardes.”
“Están aínda a tempo de reverter os recortes nas pensións e xubilacións establecidos en 2011 e 2013, como a recuperación da idade de xubilación ós 65 anos e a non penalización das carreiras longas de cotización, 40 ou mesmo 35 anos. Ou aquelas que, de forma máis recente, introduciu este Goberno dito progresista, como o aumento do período de cálculo até 29 anos, que provocará que as persoas de menos de 50 vaian cobrar moito menos de pensión. Renunciar á privatización que abren os plans de pensións na empresa ou mellorar os coeficientes redutores en profesións de maior risco ou penosidade son cuestións que aínda poden e deben facer. Verá, vostede falou das declaracións aberrantes de Garamendi, pero, polo visto, o seu partido, o seu Ministerio, prefire falar con el que coa Confederación Intersindical Galega.”
“Nesta materia non só faltan ó respecto a pluralidade sindical e a representación maioritaria elixida polos traballadores e traballadoras galegas, ou no País Vasco con ELA e LAB, senón que están incumprindo o artigo 27 do Estatuto das Traballadoras e Traballadores, que exixe a previa consulta coas organizacións sindicais e asociacións empresariais máis representativas. O Goberno aínda está a tempo de cumprir cos seus compromisos coa cidadanía, como a verdadeira derrogación da reforma laboral antisocial do Partido Popular do ano 2012, que realmente non fixeron, e o restablecemento de dereitos para os traballadores e traballadoras, por exemplo, recuperando os 45 días de indemnización por despedimento improcedente.”
“Ademais, debería ser o Goberno quen dese exemplo non só na dispoñibilidade e veracidade de datos no ámbito da negociación colectiva, senón tamén na utilización dos organismos e canles institucionais nos que teñen presenza todas as forzas sindicais máis representativas, segundo o establecido na Lei Orgánica de Liberdade Sindical. Vostedes continúan co chamado «diálogo social», que realmente significa escoller previamente con quen dialogar, en vez de respectar a legalidade e negociar con todas as centrais legalmente máis representativas. É o caso da CIG, a primeira central sindical na Galiza, que, en función diso, teñen representación nun organismo institucional que vostedes nunca utilizan como o Consello Económico e Social do Estado.”
“Así pois, os datos feitos públicos polo organismo europeo confirman que o Estado español continúa a incumprir o contido do artigo 4.1 da Carta Social Europea, motivo que levou á Confederación Intersindical Galega a presentar unha reclamación colectiva diante do Comité Europeo de Dereitos Sociais. Reparen, señoras e señores de SUMAR, se é importante utilizar a información económica correcta e fiábel. Entre outras cousas, obrigaría o seu Goberno e o seu Ministerio a revisar á alza o salario mínimo interprofesional e, de paso, a explicar por que nisto preferiron a propaganda que a realidade.”
“O Goberno español, o Ministerio de Traballo e mais SUMAR presumen de que xa cumpriron este compromiso asumido ó asinar a Carta Social Europea, mais é falso. O Real Decreto 145/2024 establece para este ano un importe de 15 876 euros de salario mínimo. Porén, segundo os datos publicados por Eurostat, o salario medio bruto anual no ano 2023 no Estado español foi de 30 237,38 euros. Isto significa que o salario mínimo interprofesional aprobado para 2024 representa só o 52,5 % do salario medio, cando debera ser polo menos de 18 148,42 euros ó ano ou de 1295,82 euros ó mes en catorce pagas.”
“Obrigado, señora presidenta. Boa tarde. Esta PNL aborda a necesidade de avanzar na mellora da información económica precisa para facilitar o adecuado desenvolvemento da negociación colectiva. Con certeza, o BNG considera que dispor de información suficiente, veraz e actualizada é fundamental para os traballadores poderen avanzar na conquista de dereitos e de mellores condicións laborais e salariais. Porén, entendemos que é chave non só de cara á negociación colectiva, senón en toda a actividade, actualizacións e normativa promovida polo Goberno, especialmente os Ministerios de Traballo e de Seguranza Social. -- 41 of 71 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 28 de mayo de 2024 Un exemplo ben claro témolo en relación co establecemento do salario mínimo interprofesional nunha contía equivalente ó 60 % do salario medio.”
“¿Y por qué no han reconocido al Estado palestino, que parece que ahora es lo que más les preocupa? Pues porque más allá de la retórica al respecto, cada vez de forma más desacomplejada apoyan al agresor sionista criminal y colonial Estado de Israel, masacres de niños y niñas y delitos de lesa humanidad incluidos, como dicen algunos dirigentes del PP, entre los últimos, por cierto, el señor Almeida y la señora Ayuso. En fin, menos predicar y más dar trigo. Nosotros, el BNG, estamos más por el control parlamentario y actuamos siempre en coherencia. Ustedes, el PP, no son capaces de desapegarse de la demagogia, el cinismo y la hipocresía. Muchas gracias.”
“El BNG criticó este abandono y el reconocimiento de la soberanía legítima de Marruecos sobre el territorio y sigue defendiendo el derecho inalienable del pueblo saharaui a la autodeterminación y la independencia en su propio Estado, como lo defiende para Palestina, porque defendemos la libertad para todos los pueblos oprimidos del mundo, comenzando por Galicia. Pero, señores y señoras del Partido Popular, ¿qué han hecho durante los catorce años que gobernaron ustedes para resolver el problema saharaui? ¿Por qué el Estado español no asumió en ese período su responsabilidad en la descolonización y la activación del plan de la ONU para el referéndum de autodeterminación? ¿Se lo digo yo? Porque también ustedes privilegiaron las relaciones económicas y políticas con el agresor marroquí.”
“Es más, ahora sabemos que el PP adoptó esa decisión irresponsable y criminal basándose en mentiras, sin el consenso del resto de las fuerzas políticas con representación parlamentaria, rompiendo la tradición hasta aquel momento en relación con otros conflictos previos, sin contar con el consentimiento de la ONU para esta opción y conociendo, además, la oposición mayoritaria y masiva de la ciudadanía que se manifestaba en las calles diciendo no a la guerra. Hablan ustedes de virajes en política exterior adoptados unilateralmente, incluso personalmente por el presidente. Es evidente que en relación con el Sáhara Occidental la decisión todavía no ha sido explicada, y sospechamos que es porque no tiene una explicación ni limpia ni fácil. Concordamos con que un viraje de este calibre debería haber estado en el debate en el Congreso.”
“Ustedes están a favor, así lo han manifestado, porque el problema es, como siempre, la inmensa demagogia e hipocresía del Partido Popular reclamando lo que ellos nunca han hecho ni hacen donde gobiernan ni lo harán, porque de democracia y de transparencia realmente van más que justos. Si hablamos de política exterior, el Partido Popular parece olvidar que un Gobierno de Aznar implicó al Estado español en un conflicto bélico como la invasión de Irak sin que la decisión contase con la aprobación del Congreso.”
“El BNG estará siempre a favor de medidas que permitan avanzar en mayor transparencia y democracia en la toma de decisiones basadas en el debate y en la negociación política. Y claro que reclamamos al Gobierno que traiga aquí un convenio de nada más y nada menos que 1000 millones de euros —1129 millones de euros— de ayuda militar a Zelenski para poder argumentar y votar en contra, porque nos parece que es -- 7 of 71 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 28 de mayo de 2024 una barbaridad y un error y que alimenta la escalada belicista y retrae recursos que son muy necesarios de las políticas sociales.”
“Que semella que agora é o que máis lles preocupa. Pois porque, para alén da retórica ó respecto, cada vez de forma máis desacomplexada apoian o agresor sionista, o criminal e colonial Estado de Israel, masacre de crianzas, crimes de guerra e de lesa humanidade incluídos, como acreditan recentes declaracións de dirixentes do PP. Dos últimos, por certo, a señora Ayuso e o señor Almeida. En fin, menos predicar e máis dar trigo. Nós, o BNG, estamos por máis control parlamentario e sempre actuamos en coherencia. Vostedes, o PP, non son capaces de separarse da demagoxia, do cinismo e da hipocrisía. Moitas grazas. Gracias, señora presidenta. El PP reclama transparencia y debate parlamentario de política internacional. Está bien, claro.”
“O BNG criticou o abandono que implica do pobo saharauí e o recoñecemento do facto da soberanía ilexítima de Marrocos sobre o territorio, e continuamos defendendo o dereito inalienable do pobo saharauí á autodeterminación e á independencia no seu propio Estado, como o defendemos para Palestina, porque defendemos a liberdade para todos os pobos oprimidos do mundo a comezar por Galiza. Mais, señoras e señores do Partido Popular, que fixeron durante os catorce anos que gobernaron vostedes para resolver o problema saharauí? Por que o Estado español non asumiu nese período a súa responsabilidade na descolonización e na activación do plan da ONU para o referendo de autodeterminación? Dígollelo eu: porque tamén vostedes privilexiaron as relacións económicas e políticas co agresor marroquí. E por que non recoñeceron o Estado palestino?”
“É máis, agora sabemos que o PP adoptou esa decisión irresponsábel e criminal baseándose en mentiras, sen o consenso do resto das forzas políticas con representación parlamentaria, rompendo a tradición até aquel momento en relación con outros conflitos previos, sen contar co consentimento da ONU para esta opción e coñecendo ademais a oposición maioritaria masiva da cidadanía, que se manifestaba nas rúas dicindo non á guerra. Falan vostedes de viraxes en política exterior adoptadas unilateralmente, mesmo persoalmente, polo presidente do Goberno. A máis evidente é sen dúbida en relación ó Sáhara Occidental, unha decisión que aínda non foi explicada, sospeitamos que porque non ten unha explicación nin limpa nin fácil. En todo caso, concordamos que unha viraxe deste calibre debería ter vido a debate no Congreso.”
“Porque o problema é, como sempre, a inmensa demagoxia e hipocrisía do Partido Popular, reclamando ós demais o que eles nunca fixeron, non fan onde gobernan nin farán, porque de democracia e de transparencia realmente van máis que xustiños. Si, porque se falamos de política exterior, o Partido Popular parece esquecer que un Goberno de Aznar implicou o Estado español nun conflito bélico como a invasión de Iraq sen que a decisión contase coa aprobación do Congreso.”
“Grazas, señora presidenta. O PP reclama transparencia e debate parlamentario de política internacional. Está ben, claro. O BNG estará sempre a favor de medidas que permitan avanzar en maior transparencia e democracia na toma de decisións baseadas no debate e na negociación política. Claro que reclamamos ó Goberno que traia aquí un convenio de nada máis e nada menos que 1129 millóns de euros de axuda militar a Zelenski para poder argumentar e votar en contra, porque nos parece unha barbaridade e un erro que alimenta a escalada belicosa e retrae recursos que son moi necesarios nas políticas sociais. Vostedes están a favor, así o manifestaron.”
“Sin embargo, la supuesta carga del pago del 5 % no es igual para todas las empresas. Las grandes compañías no pueden alegar esta cuestión al tiempo que emplean a gran cantidad de mano de obra sin apenas coste. Sí puede ser un problema para el caso de autónomos, autónomas y pymes, y, por tanto, esta es una cuestión que, además de la retroactividad en la cotización de las personas investigadoras, debería ser debatida más profundamente para adoptar una solución que permitiese modular, discriminar, en función del tamaño y el ingreso de las empresas y que, por lo tanto, sea justa para los centros, para el alumnado y para el tejido empresarial. En todo caso, la posición del BNG es de apoyar aquellas enmiendas que creemos que son positivas, y votaremos en contra de todo lo demás. Muchas gracias.”
“El real decreto ley de reforma de las pensiones de 2023 establecía la obligación de cotizar por el alumnado que realice prácticas formativas o académicas externas incluidas en programas de formación, una normativa que finalmente retrasó su entrada en vigor hasta inicios de este 2024. Era una reforma que venía siendo demandada desde hacía tiempo, que en algunos sectores causó preocupación por el coste que iba a suponer para las empresas y las universidades, y por la dificultad añadida que esto iba a implicar para encontrar empresas colaboradoras. Sin embargo, la propia norma establece, ya en la actualidad, una bonificación del 95 %, que ahora con esta enmienda se pretende incrementar al 100 %. Coincidimos plenamente en la necesidad también de cotizar en el caso de personas con beca que desempeñan un trabajo, sea o no remunerado.”
“No podemos ratificar, dar soporte y financiación pública a centros privados; la reducción de la capacidad de participación del estudiantado; la limitación de las licencias a las que debe tener derecho el profesorado; que se suprima la referencia a la investigación con perspectiva de género; la paridad en los equipos de investigación; o que se convierta la inspección dependiente del ministerio en un arma de censura que asegure la uniformidad y el monolingüismo en detrimento de la enseñanza en las distintas lenguas oficiales. Mención aparte merece la nueva disposición adicional en relación con la cotización del alumnado becado.”
“De esta tónica general debemos excluir la referida a la disposición adicional tercera para seguir permitiendo la simultaneidad de enseñanzas superiores y profesionales en aquellos centros en los que ya se vienen dando y evitar así una reducción en la oferta y también el empeoramiento de esa oferta; una cuestión que es crucial en el caso -- 36 of 71 -- PLENO Y DIPUTACIÓN PERMANENTE 23 de mayo de 2024 de Galiza, que el BNG ya defendió en el trámite en el Congreso, y que, por lo tanto, esperamos que se mantenga. Asimismo, apoyamos también la incorporación de otras disciplinas como las de animación o artes circenses. El resto de las enmiendas incorporadas no pueden contar con el apoyo del BNG.”
“El texto que llegó al Senado, a pesar de no recoger todas nuestras demandas y reclamaciones, era una norma sensiblemente mejor que la que entra en el Congreso. Es decir, entendemos que el paso por el Senado lo que ha hecho ha sido empeorar esta ley de enseñanzas artísticas; un documento que incorporó ciertos avances en la tramitación inicial gracias al trabajo y al esfuerzo de las distintas fuerzas que participamos en el debate, corrigiendo el ámbito competencial y facilitando, en alguna medida, aunque no plenamente, la integración del profesorado en los nuevos cuerpos. Sin embargo, en el trámite en el Senado la ley incorporó una serie de modificaciones que no solo no sirven para avanzar en la dirección deseada, sino que van en la línea opuesta, son regresivas y empeoran el conjunto.”
“No entanto, a suposta carga de pagamento do 5 % non é igual para todas as empresas. Grandes compañías non poden alegar esa cuestión ó tempo que empregan grandes cantidades de man de obra sen apenas custo. Si pode ser un problema para o caso de autónomos, autónomas e PEMES. Por tanto, esta é unha cuestión que, xunto coa retroactividade na cotización das persoas investigadoras, debería ser debatida máis profundamente para adoptar unha solución que permitise modular, que permitise discriminar en función do tamaño das empresas ou dos ingresos das empresas e, por tanto, ser xusta para os centros, o alumnado e o tecido empresarial. En todo caso, a posición do BNG é a de apoiar aquelas emendas que cremos que son positivas e votaremos en contra de todo o resto. Moito obrigado. Muy buenos días de nuevo.”
“O Real Decreto-lei de reforma das pensións de 2023 estableceu a obriga de cotizar polo alumnado que realice prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación, unha normativa que finalmente retrasou a súa entrada en vigor até comezos deste 2024. Era unha reforma longamente demandada que nalgúns sectores causou preocupación polo custo que isto ía supor para as empresas e as universidades ou pola dificultade engadida que podería implicar para achar empresas colaboradoras. Porén, a propia norma estableceu xa na actualidade unha bonificación do 95 %, que agora se pretende con esta emenda incrementar ó 100 %. Coincidimos plenamente na necesidade de cotizar tamén no caso das persoas bolseiras que desempeñan un traballo, sexa ou non remunerado.”
“Non podemos ratificar, dar soporte e financiamento público a centros privados, á redución da capacidade de participación do estudando, á limitación de licenzas ás que debe ter dereito o profesorado, a que se suprima a referencia á investigación con perspectiva de xénero ou a paridade nos equipos de investigación, ou a que se converta a inspección dependente do Ministerio nunha arma de censura que asegure a uniformidade e o monolingüísmo en detrimento do ensino das linguas oficiais. Mención á parte merece a nova disposición adicional en relación coa cotización do alumnado bolseiro.”
“Desta tónica xeral debemos excluír a referida á disposición adicional terceira para seguir permitindo a simultaneidade de ensinanzas superiores e profesionais naqueles centros nos que xa se veñen dando e evitar así unha redución da oferta e empeoramento, unha cuestión que é crucial no caso de Galiza e que o BNG xa defendeu no trámite no Congreso. Por tanto, o que esperamos é que, efectivamente, se manteña. Así mesmo, tamén apoiamos a incorporación doutras disciplinas como a da animación o das artes circenses. O resto das emendas incorporadas non poden contar co apoio do BNG.”
“Moi bo día de novo. O texto que chegou ó Senado, a pesar de non recoller todas as nosas demandas e reclamacións, era unha norma sensibelmente mellor que a que entra no Congreso, é dicir, entendemos que o paso polo Senado o que fixo foi empeorar esta Lei de Ensinanzas Artísticas, un documento que incorporou certos avances na tramitación inicial grazas ó traballo das distintas forzas que participamos no debate corrixindo o ámbito competencial e facilitando nalgunha medida, aínda que non plenamente, a integración do profesorado nos novos corpos. Porén, no trámite no Senado, a lei incorporou unha serie de modificacións que, non só non serven para avanzar na dirección desexada, senón que van na liña oposta, son regresivas e empeoran o conxunto.”
“… para a dereita e asume, finalizo, e asume sen complexos o seu mesmo discurso. Veremos se esa dinámica non os acaba fagocitando, ó PP quero decir… … hacia la derecha —finalizo ya— y asume sin complejos su mismo discurso. Veremos si esa dinámica no nos acaba fagocitando; al PP, quiero decir…”
“Les aseguro que, frente a esa imposición del español, lo más normal es una reacción de rechazo y de afirmación de la propia identidad y de la propia lengua. Quizás, por eso su discurso no cala en Galicia, el único país del Estado que no tiene representación de la ultraderecha en su parlamento —realmente, en ninguna institución— y de eso nos sentimos profundamente orgullosos. Por eso, señoras y señores de VOX, ustedes ni convencen ni van a vencer, ustedes ya han fracasado. Estoy convencido de que la única posibilidad que tienen pasa por el oxígeno que pueda darles un Partido Popular que desde que está liderado por Núñez Feijóo, que nunca ha sido moderado, como bien sabemos en Galicia, cada vez se radicaliza más…”
“Por cierto, no le voy a cuestionar su suma de seiscientos millones, pero si la cuestión fuera cuantitativa, que no lo es, le recuerdo que mi lengua, nuestra lengua, el gallego, nos une a más de trescientos millones de hablantes, que con el nombre de portugués la utilizan en cuatro continentes en todo el mundo. Fracasados, sí, porque deben ver su españolidad tan frágil que solamente conciben imponerla a golpe de obligación, de norma, en este caso de reglamento. ¿Realmente creen que alguien que está obligado por ustedes, como antes también por Franco, a hablar español se va a sentir más español? ¿O se va a sentir español si no se siente, si la identidad con la que se identifica es otra, por ejemplo la gallega?”
“De lo que se trata, en definitiva, es de negar la existencia misma de Galicia como nación, como pueblo con una cultura propia, porque eso no encaja en su relato supremacista. Utilizo nuevamente una cita de Castelao, que no me cansaré de traer aquí porque lo retrata perfectamente: Sois unos imperialistas fracasados porque, después de más de cuatro siglos —decía Castelao—, ahora ya cinco, de política asimilista, ejercida con toda riqueza de astucias y violencia, nuestro idioma está vivo. Está vivo, y continuaremos trabajando para que tenga un futuro de normalidad.”